O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, reuníronse esta mañá cos xuíces decanos das sedes xudiciais das sete grandes cidades e os presidentes das Audiencias provinciais de Galicia para abordar o novo Plan Senda 2020 que permitirá avanzar na modernización tecnolóxica da Xustiza en Galicia.
Os responsables da Xunta expuxeron as grandes liñas estratéxicas sobre as que se está a elaborar o novo plan e recolleu as impresións e necesidades dos maxistrados. Tras acadar un avance significativo mellorando as infraestruturas, os medios e o equipamento tecnolóxico do eido xudicial coas medidas do Plan Senda 2014, Galicia conta agora cos instrumentos necesarios para lograr implantación efectiva do Expediente xudicial Electrónico.
Este é un dos principais obxectivos do novo Plan Senda 2020 para facer realidade a tramitación completa dun procedemento por medios telemáticos nun marco de interoperabilidade con todas as entidades do ámbito xudicial e co resto de Administracións e Entidades Públicas relacionadas.
Outras liñas estratéxicas do novo Plan serán dotar á Administración de Xustiza de novos modelos de relación cos cidadáns máis sinxelos, incrementando a transparencia e proximidade a esta administración. Tamén prevé Implantar novos modelos de organización e uso dos recursos orientados mellorar a eficiencia da Administración de Xustiza e dotar aos profesionais do ámbito xudicial as ferramentas precisas para contar coa información accesible no momento que a requiran
Outro dos eixos estratéxicos é implementar as medidas de seguridade que garantan o control de accesos, a trazabilidade das operacións, así como o intercambio seguro de información con outras entidades. Manter un parque tecnolóxico actualizado e adaptado ás iniciativas de modernización dos procedementos, ferramentas e servizos da Administración de Xustiza e formar e dar soporte aos usuarios implicados son as outros obxectivos xerais sobre os que se pilota o novo plan.
A Xunta aborda cos xuíces as liñas estratéxicas do novo Plan Senda 2020
Compartir Este Artigo
