Actualmente a publicidade é a principal fonte de financiamento para as publicacións na web, pero dende Google queren facilitar que o micromecenado poida sustentar economicamente medios en liña, e por iso inician un programa piloto chamado Contributor by Google que consiste na integración dos espazos web dun módulo no que as páxinas web participantes poidan indicar unha cantidade de entre 1 e 3 dólares para achegar mensualmente aos sitios que nos interesen, o que suporá un apoio que podería facer que cartas publicacións consistan manterse de xeito independente (por non depender da publicidade) á vez que fai doada a realización deste tipo de apoio.
As primeira páxinas web en participar neste programa serán Urban Dictionary, The Onion, Science Daily, WikiHow, Mashable e Imgur, aínda que esta nova plataforma para editores e creadores de contidos está aberta a novos participantes, para o que está aberta unha cola a que podemos inscribirnos en liña.
Este tipo de plataformas poderían favorecer que unha páxina web non amosase publicidade aos usuarios que contribúan ao seu financiamento, pero sen ter que situar unha barreira na que os usuarios teñan que rexistrarse nun sitio en concreto (xa que empregarían o seu identificador de Google para identificarse e realizar as súas achegas económicas).
Google facilitará o micromecenado de páxinas web como alternativa á publicidade
Compartir Este Artigo

