O Lumia 730 é o teléfono detrás da campaña para sacar a meirande auto-foto do mundoO pasado mes de setembro Microsoft presentou o Nokia Lumia 730, un smartphone que presume de estar feito para as auto-fotos e para o uso de Skype, e para pór a proba a cámara frontal de 5 Mpíxeles con grande angular animáronse a facer o meirande autorretrato do mundo, xuntando nunha única instantánea a 1.151 persoas, publicando a imaxe en Facebook. Para poder tomar tal impresionante fotografía elixiuse o Centro Comercial Bashundhara City en Bangladesh (onde sortearon numerosos agasallos entre os participantes), e aínda que a marca aínda non está rexistrada polo Libro Guinness, é un bo xeito de dar a coñecer o novo smartphone de Microsoft entre certo público que gusta das auto-fotos.
Vídeo co que se convocou ao público a participar no meirande autorretrato do mundo