A Factoría de Innovación de Vigo (unha iniciativa da Escola de Organización Industrial) presentou o pasado venres, no parque empresarial Porto do Molle, as 36 empresas que van tirar partido da segunda edición do Programa de Adestramento Individualizado da Factoría, un completo feixe de recursos para axudar na materialización e no pulo de proxectos innovadores. O programa, máis polo miúdo, achegará entre os meses de novembro de 2014 e marzo de 2015 ata 1.260 horas de consultoría, distribuídas en sesións de traballo individualizadas, sesións de grupo e seguimento semanal remoto.
Por procedencia, o abano de empresas seleccionadas é do máis variado, aínda que, coma na anterior convocatoria, abranguen con maior ou menor especificidade as novas tecnoloxías da información. Hai firmas de loxística, de construción e do naval, e outras adicadas directamente a achegar servizos TIC (desenvolvemento, consultoría e enxeñaría).
En total, facturan preto de 200 millóns de euros e dan emprego directo a ao redor de 1.300 persoas. “O paso pola Factoría de Innovación de Vigo”, informan fontes da Escola de Organización Industrial, “axudará a estas compañías a aumentar o seu nivel de competitividade cun plan de innovación específico e unha folla de ruta que as guiará nos procesos a seguir para sacar adiante as súas iniciativas”. Esta é a listaxe de empresas seleccionadas:
· 2Mares. Desenvolvemento de tecnoloxía e produtos software e de comunicacións.
· Agroamb Prodalt. Xestor e valorizador de refugallos.
· Asesoría Estudo Emprendedor. Asesoría e xestoría especializada en emprendedores.
· Atendo Calidade. Servizos para persoas de idade.
· Autronic Calidade. Solucións para os sectores audiovisual e das telecomunicacións.
· Balidea. Consultoría, desenvolvemento e integración de software, formación e servizos TIC.
· Bopapel. Fabricación de artigos de papel.
· Canteiros do Porriño. Aproveitamento de fragmentos rochosos.
· Contact Comunicación. Servizos de publicidade e relacións públicas.
· Chorro Naval. Tratamento de superficies nos sectores aval, industrial e da construción.
· Civis Global. Construción de obras nos eidos civil e edificación.
· Euro Roca. Extracción, transformación e distribución de rochas ornamentais.
· Francisco Cardama. Deseño e fabricación de buques de aceiro.
· Freshcut. Elaboración de produtos de froitas, verduras e hortalizas.
· Froitas Nieves. Comercialización ao por maior de toda clase de froitas e verduras.
· Granitos de Atios. Elaboración de produtos de pedras naturais.
· InnovaDB. Aplicacións de xestión empresarial a medida.
· Itera Técnica. Servizos técnicos de enxeñaría.
· Justo Román. Construción completa, arranxo e conservación.
· Kinarca. Instalacións de frío industrial.
· Little Electric Car. Fabricante de vehículos eléctricos.
· Lucloset. Venda de moda en liña para muller.
· Macraut Enxeñeiros. Sistemas de telexestión e telecontrol.
· Maxelga 93. Venda de alimentos a través de máquinas expendedoras.
· Micaton Ergonomics. Desenvolvemento e comercio de ferramentas manuais.
· Plymouth Ruber Europa. Fabricación e comercialización de cintas adhesivas de PVC.
· Produtos e Sistemas Aplicados (Prosistemas). Pavimentos industriais.
· San Antonio Alimentos do Mar (Salimar). Produtos pesqueiros.
· Servotek Motor. Reparación e mantemento de buques.
· Sivsa Solucións Informáticas. Consultoría e desenvolvemento de sistemas de información.
· Sketch System. Asesoramento, formación e distribución de produtos profesionais de impresión.
· Tablero Nove. Construción e deseño de edificacións.
· Tahona Moderna. Elaboración de produtos alimenticios.
· Transportes e Construcións Diéguez.
· Vasco Galega Sociedade de Carteira.
· Vigotec. Automatización de procesos.
Até 36 firmas beneficiaranse da segunda edición do programa de adestramento da Factoría de Innovación de Vigo
Compartir Este Artigo
