
O certame aceptará creacións de técnica é libre, podéndose empregar pinturas, témperas, ceras, collage, etc. O formato pode ser vertical ou horizontal. Admitiranse entregas dende o 24 de novembro ata as 23:59 horas do día 8 de decembro de 2014 a través de correo electrónico indicando nome, apelidos, teléfono de contacto e idade do neno participante, xuntando a postal dixitalizada en formato JPEG ou PNG e cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada. O fallo do xurado darase a coñecer na páxina web do CPEIG o vindeiro 12 de decembro e o deseño gañador empregarse como postal de Nadal do CPEIG para 2014, recibindo o gañador unha tableta Bq de 10” (ou semellante, en función da súa dispoñibilidade).
O CPEIG convoca o seu Concurso de Postais de Nadal
Compartir Este Artigo
