Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 800 empresas da provincia de Pontevedra recibiron xa formación TIC nos cursos do CPAE 2.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 800 empresas da provincia de Pontevedra recibiron xa formación TIC nos cursos do CPAE 2.0

Redacción
Publicado: 25/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A aula de actividades do punto CPAE 2.0 de Pontevedra
A aula de actividades do punto CPAE 2.0 de Pontevedra
A través da Deputación de Pontevedra chegábanos a nova de que case 800 empresas da provincia de Pontevedra recibían formación sobre diferentes aspectos das novas tecnoloxías aplicadas aos negocios a través dos cursos organizados polo Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 e desenvolvidos nas 6 oficinas abertas ao público en diferentes comarcas da provincia. Facendo un reconto, ata hoxe, son 204 eventos de capacitación tecnolóxica os levados a cabo, cunha suma total de máis de 400 horas de formación, nos cales participaron 763 responsables de empresas. Asemade, nos 8 meses de funcionamento (situados en Pontevedra, Vigo, Cambados, O Porriño, Ponteareas e Lalín) empregaron os servizos dispoñibles máis de 524 empresas, das cales o 75% son microPEME e o 25% son profesionais autónomos. Cómpre engadir que na actualidade, informa o organismo provincial, “un total de 273 empresas e autónomos están a recibir asesoramento personalizado e de continuidade para a achega de novas tecnoloxías ao seu negocio”. En canto ao perfil dos profesionais que acoden ao CPAE na procura de asesoramento, para resolver cuestións puntuais ou para coñecer diferentes produtos e solucións tecnolóxicas, son maioría os homes (o 55% do total). “Na maioría dos casos”, sinala a Deputación, “é persoal directivo con idades abranguidas entre os 30 e 45 anos e os sectores que mais demandaron estes servizos foron o sector comercio (cun 24%) e o da construción (cun 12%) seguidos polas pequenas empresas de ámbito pesqueiro e gandeiro”. Para rematar, é preciso informar que co obxectivo de seguir facilitando a formación dos emprendedores e dos pequenos empresarios e autónomos, ao longo desta semana, estanse a desenvolver outras 18 xornadas de capacitación, que están a ter como eixo central os certificados dixitais e a sinatura e o DNI electrónico; a plataforma provincial de comercio en liña; as ferramentas e recursos TIC para empresa e as redes sociais, entre outros. Cada un dos centros distribuídos na provincia impartirá 3 eventos cada semana, que se poden consultar na ligazón cpae20.depo.es/es/eventos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?