Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant desenvolve tecnoloxías para optimizar e axilizar o estudo das secuencias de ADN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant desenvolve tecnoloxías para optimizar e axilizar o estudo das secuencias de ADN

Redacción
Publicado: 25/11/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xenoma.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant está a informar dun proxecto de seu directamente encamiñado a solucionar os problemas inherentes ao manexo de sistemas de datos NGS (Next Generation Sequencing), que son tecnoloxías de estudo de datos de secuencia masiva de gran potencial para o coñecemento a todos os niveis das cadeas de ADN. Máis polo miúdo, do que trata o traballo de Gradiant é, en boa medida, de axudar a atopar pequenos pero relevantes detalles de información no medio de extensas chairas de coñecemento xenómico. Por exemplo, detectar mutacións que abranguen múltiples bases do xenoma (como macroinsercións ou macrodelecións) nun contexto no que só unhas cantas rexións do ADN son secuenciadas.
Segundo lembra Gradiant, a investigación apóiase directamente nos devanditos sistemas NGS e na súa optimización. “Estas plataformas”, explica a investigadora Lorena Castro, “a diferenza das técnicas tradicionais de estudo, son quen de xerar paralelamente e de xeito masivo, millóns de anacos de ADN nun único proceso de secuencia a unha velocidade moito maior e cun custe cada vez máis reducido”. Polo tanto, o seu alto rendemento está a xerar o auxe de novas aplicacións e probas biolóxicas, o que xunto con pulo de novos e avanzados métodos bioinformáticos, “provoca un cambio no paradigma diagnóstico”, engade a investigadora.
O problema ante o que se atopa todo este desenvolvemento é en parte un problema de cantidade. Ou sexa, que os procesos xeran, como era de agardar, inxente número de lecturas, co que se fan precisos recursos que favorezan o manexo e a interpretación dos resultados. Segundo Lorena Castro, trátase dun pescozo de botella de botella, aplicable non tanto no secuenciado do ADN en si, senón máis ben na xestión e a análise que abrolla dos sistemas e as plataformas. Ou sexa, que é difícil separar o gran da palla na inxente maré de información en bruto. A cousa aínda é máis complexa se temos en conta a natureza descontinua de certos datos. Dito doutro xeito: en circunstancias normais, só se pode atopar a agulla cando se dispón de toda a palla. Porén, avaliar toda a palla segue a ser en moitos ámbitos inviable.
O proxecto de Gradiant diríxese a superar este tipo de atrancos. Foi posto en marcha en colaboración coa Unidade de Diagnóstico e Tratamento de Enfermidades Metabólicas Conxénitas (UDeTEMC) do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago CHUS, especializada en investigación e desenvolvemento de ciencias biomédicas. A investigación inclúe o desenvolvemento dun “pipeline bioinformático” que permita servir como punto de partida para o diagnóstico de doenzas metabólicas e neurodexenerativas conxénitas. “O deseño deste pipeline”, aclaran dende Gradiant, “permitirá optimizar o tempo e aumentar a fiabilidade da análise dos datos xenéticos mediante a detección de distintos tipos de mutacións e o filtrado das mesmas segundo o seu grao de patoxenecidade, permitindo así desenmascarar con rapidez e confianza as variantes xenéticas que xacen baixo unha enfermidade”.
Por certo que este tipo de melloras na medicina xenómica ten especial potencial en cuestión como a detección precoz de doenzas raras ou na obtención de prognósticos precisos, ou na redución de custes en diagnósticos e tratamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?