Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Industria encamiñou 52 millóns en axudas para estender a banda larga de alta velocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Industria encamiñou 52 millóns en axudas para estender a banda larga de alta velocidade

Redacción
Publicado: 26/11/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Logo de dar a coñecer o volume de incentivos para a industria dos videoxogos, o Ministerio de Industria comunicou hoxe o importe total das axudas que destinou á extensión da banda larga de alta velocidade. Trátase dunha contía de 52 millóns de euros, coa que se benefician os proxectos presentados á convocatoria 2014 do programa de extensión de banda larga de última xeración (7 millóns en subvencións e 45 millóns en préstamos), un programa inserido na Axenda Dixital de España.
O obxectivo destes incentivos, sinala Industria, foi o de “acelerar o despregamento da cobertura das redes públicas de comunicacións electrónicas con capacidade para proporcionar servizos de banda larga de alta velocidade (30 Mbps ou superior) e de moi alta velocidade (100 Mbps ou superior) nas zonas sen cobertura actual nin prevista no vindeiros tres anos, denominadas zonas brancas NGA”. Con estas medidas, engade, “búscase reducir a fenda dixital, facilitando o despregamento en áreas xeográficas nas que sen axudas públicas non resultan rendibles para os operadores”. As axudas concédense a un total de 27 beneficiarios, para a realización de 64 proxectos de ampliación de cobertura de banda larga de nova xeración, en 613 municipios pertencentes a 14 Comunidades Autónomas.
Deles, 38 proxectos son de despregamentos de fibra óptica ata o fogar, con obxectivos de cobertura que totalizan 301.000 unidades inmobiliarias (fogares e locais empresariais). Outros 15 proxectos son de fornecemento de ligazóns de backhaul, que co posterior despregamento da última parte da rede de acceso, estenderán a cobertura a 452.000 fogares. Finalmente, os restantes 11 proxectos son de despregamento de redes de acceso baseadas en sistemas radioeléctricos de última xeración, con obxectivos de extensión de cobertura de banda larga a 30 Mbps a 5.000 fogares que carecen dela. Estas axudas cofináncianse co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?