Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentadas perante os arquivistas da nosa terra as características do Arquivo Dixital de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentadas perante os arquivistas da nosa terra as características do Arquivo Dixital de Galicia

Redacción
Publicado: 26/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20141126_arquivo_dixital_01.jpgA primeira hora da mañá inaugurouse no Gaiás (Santiago) a xornada técnica de presentación do Arquivo Dixital de Galicia aos profesionais do Sistema de Arquivos da nosa terra. A xuntanza desenvólvese no auditorio da Biblioteca e o Arquivo de Galicia e nela participan medio cento de membros do devandito Sistema, formado polos arquivos de todas as Administracións galegas (a autonómica, as provinciais, as locais) e tamén polos fondos das nosas universidades e de institucións como o Parlamento, o Consello de Contas, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura.
20141126_arquivo_dixital_02.jpgNa xornada de presentación interviñeron Mar Pereira, directora de AMTEGA, e Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, amais da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño. A finalidade da convocatoria é amosar ás arquiveiras e arquiveiros os pasos dados no proxecto do Arquivo Dixital de Galicia.
Na apertura do encontro fíxose saber que o futuro Arquivo Dixital é unha estrutura tecnolóxica destinada a servir como marco de referencia para os modelos de xestión de documentos electrónicos. Máis polo miúdo, con el darase soporte ao Arquivo Electrónico Administrativo e do Arquivo Electrónico do Patrimonio Documental.
No acto tamén se lembrou a razón de ser do Arquivo e do seu desenvolvemento, que responde a unha estratexia de “creación de canles de comunicación, colaboración e pulo entre os arquivos que constitúen o sistema e os seus profesionais”.
Igualmente, fíxose un repaso polas áreas das que constará o Arquivo, sendo o devandito Arquivo Electrónico Administrativo un recurso especialmente acaido para suprimir o formato papel na Administración e posibilitar unha xestión e preservación segura e eficiente da documentación dixital. Segundo fixo saber Pereira, este recurso “é chave para garantir a interconexión dos servizos coas entidades locais e para reforzar os servizos do Centro de Proceso de Datos do Gaiás como nodo central de custodia de toda a información do Arquivo Dixital, desde onde se facilitarán procedementos administrativos e se lles prestará servizos de aloxamento documental ás entidades locais galegas”.
Pola súa banda, o Arquivo Electrónico do Patrimonio Documental acubillará os fondos dixitalizados do patrimonio documental. “Este Arquivo Electrónico do Patrimonio Documental”, engadiuse no acto celebrado no Gaiás, “arrancará coa dixitalización de 50.000 documentos dos Arquivos do Reino de Galicia, do Histórico Provincial de Ourense, e Municipal do Concello de Tui”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?