Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Webseries, aplicacións e revistas dixitais, ingredientes TIC da nova edición de Culturgal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Webseries, aplicacións e revistas dixitais, ingredientes TIC da nova edición de Culturgal

Redacción
Publicado: 26/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

culturgal-9.jpgA edición 2014 do Culturgal, salón da industria cultural galega, celébrase entre o venres 5 e o domingo 7 de decembro. A cita, unha vez máis, será nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra, onde se desenvolverá un programa cargado de actividades: máis de 150 accións ligadas aos máis diversos eidos da nosa creatividade: dende literatura a música, pasando por artes escénicas, cinema, artes plásticas, gastronomía e, por suposto, novas tecnoloxías da información. Segundo nos contan os organizadores, está previsto que nas xornadas se dea cabida ao meirande número de representantes da nosa cultura, ao tempo que se tentará cubrir o horizonte máis amplo posible en materia de público: “Dende os picariños en cueiros (que teñen a nova sección Espazo Bebés ao seu dispor, ata os profesionais e programadores, terán a oportunidade de coñecer as novidades máis recentes que presentan os 70 expositores”.
Por certo que a feira presentouse a semana pasada, nunha cita cos medios na que se avanzaron as principais características desta edición, a sétima, que será unha edición de pago (cousa que xa se comezou a afianzar o ano pasado), cun prezo de dous euros para adultos e un euro para os cativos. Segundo fixo saber o editor Manuel Bragado, presidente da Asociación Culturgal, o salón e todo o que implica o salón é un “proxecto colectivo” que se constrúe dende a “ledicia, o afecto e a colaboración” dos diferentes sectores culturais da nosa terra. Con todo, sinalou, a verdadeira enerxía é a que vén do público ao que se se dirixe.
Tecnolóxica e dixitalmente falando, o programa semella completiño. Por unha banda, presentaranse as webseries Poetarras, Clases do social, Dalle Jas!, De volta ao rural, Fame e Interfecto, acompañadas de coloquios cos seus actores e directores. Pola outra, daranse a coñecer iniciativas galegas de gran interese como a revista dixital O Botafumeiro, ou a publicación en liña Magazine, da xornalista Montse Dopico. Falarase de técnicas de financiamento a través das redes (crowdfunding) da man de Pablo Nimo e David Santomil, e afondarase, por boca dos seus responsables directos, nas vantaxes e funcionalidades de CreaAppcuentos, unha aplicación galega para dispositivos con Android e iOS que nos permite a creación de contos ou historias dun xeito sinxelo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?