Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica e Carestream integran o seu servizo de imaxe médica dixital no Grupo Quirón
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica e Carestream integran o seu servizo de imaxe médica dixital no Grupo Quirón

Redacción
Publicado: 27/11/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O Hospital Quirón da Coruña
O Hospital Quirón da Coruña
O servizo de saúde dixital de Telefónica, Telefónica eHealth, vén de informar dun importante traballo do seu equipo de desenvolvedores e integradores de tecnoloxías directamente encamiñadas a incrementar e mellorar os coidados a persoas doentes ou dependentes. Trátase da implantación do seu servizo de imaxe médica dixital no Grupo Hospitalario Quirón, unha rede española de centros de saúde que ten tamén presenza na nosa terra: o Hospital Quirón da Coruña e máis o Centro Oftalmolóxico Quirón da Coruña. Os traballos foron levados a cabo por Telefónica e Carestream, responsables do desenvolvemento do servizo e da súa “robusta arquitectura”, baseada, en palabras das empresas, “na eficiencia operativa, diagnóstica e económica que se está a implantar na rede do Grupo Hospitalario Quirón”.
Con este servizo, agárdase acadar unha xestión máis eficaz das imaxes dixitais das probas diagnósticas e o acceso remoto e ubicuo (na nube) a elas por parte dos diferentes facultativos. Permitirá, entre outras cousas, que “a totalidade da imaxe médica de Quirón, con independencia de onde se xere, se consolide nun nodo central situado nos centros de procesamento de datos da compañía de xeito que se poida dar conta de calquera estudo radiolóxico dende os 22 centros hospitalarios grazas á rede de comunicacións adicada á imaxe do grupo Quirón e ao software de xestión radiolóxica”. Isto será posible, tamén, grazas ás ferramentas de visualización da imaxe médica da empresa colabora Carestream Health. O acceso aos devanditos datos abrangue tamén a posibilidade de facelo dende móbiles e tabletas.
“A todo o devandito”, engade Telefónica, “cómpre engadir a renovación dos postos de traballo dos radiólogos, incorporando novos monitores diagnósticos de alta resolución e sistemas de recoñecemento de voz para o ditado dos seus informes”. Os pacientes de Quirón tamén disporán de novos servizos podendo acceder a través dun portal web á súa historia radiolóxica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?