Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Xornadas Técnicas acolleron a presentación de Life-OPERE da USC e da plataforma de Wairbut para crear Cidades Intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Xornadas Técnicas acolleron a presentación de Life-OPERE da USC e da plataforma de Wairbut para crear Cidades Intelixentes

Redacción
Publicado: 28/11/2014
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Esteban Vieites Montes e Virginia Vidal Touza no stand da USC nas III Xornadas Técnicas
Esteban Vieites Montes e Virginia Vidal Touza no stand da USC nas III Xornadas Técnicas
Polas Xornadas Técnicas Smart Cities & Communities celebradas esta semana non só pasou a Universidade de Vigo presentando a súa Cátedra conxunta con Telefónica e os achados de eficiencia enerxética que abrollan desta colaboración, senón que tamén pasou a Universidade de Santiago, dando o coñecer as súas propias propostas para acadarmos un uso máis eficaz, lóxico, limpo e rendible da enerxía. As propostas viñeron da man dos integrantes do Laboratorio de Sistemas do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas, responsables do proxecto Life-OPERE. Tamén participou a española Wairbut, presentando unha innovadora plataforma para que os concellos impulsen cadanseu proxecto de Cidade Intelixente.
Volvendo á Universidade de Santiago, dicir que contou cun emprazamento de seu na zona de exposición (Auditorio Mar de Vigo). Nela presentouse o traballo realizado dentro de OPERE e no que colaborou a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC con material divulgativo sobre a súa actividade. Nese mesmo contexto, os investigadores do Laboratorio de Sistemas Esteban Vieites Montes e Virginia Vidal Touza participaron nunha presentación sobre eficiencia enerxética na institución académica.
O proxecto OPERE desenvólvese no Laboratorio de Sistemas do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC e traballa en diversas liñas de investigación relacionadas coa enerxía, a eficiencia enerxética e o medio ambiente. A iniciativa xorde coa intención de implantar sistemas de xestión eficiente en redes enerxéticas, tanto térmicas como eléctricas, en complexos existentes con grandes consumos de enerxía para diminuír o seu impacto ambiental.
Xa a un nivel máis concreto, lembrar que a través deste proxecto a USC ten previsto optimizar a xestión dun conxunto de instalacións técnicas de seu situadas en Campus Vida. O obxectivo: acadar nelas unha redución do consumo de enerxía asociado á xeración térmica do 30%, e dunha redución das emisións contaminantes do 35%. Para logralo, contémplase o desenvolvemento de simulacións e a posta en marcha dun sistema propio de seguimento e xestión de redes.
Neste proxecto participan investigadores do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas, do Centro de investigación en Tecnoloxías da Información (CITIUS) e diversas áreas relacionadas coa xestión de infraestruturas, enerxía e medio ambiente da USC, así como persoal técnico de EnergyLab. A iniciativa rematará en decembro de 2016 para o que contará cun orzamento de 1,19 millóns de euros e unha achega da UE en forma de co-financiamento de 566.739 euros.

Wairbut presentou Carriots City Life

A maqueta de Lego de Wairbut
A maqueta de Lego de Wairbut
Como dixemos, nas Xornadas Técnicas de Vigo tamén concorreu a empresa española Wairbut, con sede en Madrid, que presentou unha plataforma para na nube para o desenvolvemento de Cidades Dixitais que permite colleitar, integrar, almacenar e analizar a información dun espazo urbano concreto “cunha perspectiva global”, coñecendo o que acontece en tempo real e podendo actuar de forma inmediata.
En palabras dos seus desenvolvedores, a plataforma Carriots CityLife (recentemente seleccionada polo Concello de Pozuelo de Alarcón para levar a cabo a subministración e instalación dos sistemas que conforman o seu proxecto de Cidade Intelixente), ofrece aos xestores das cidades “unha solución integrada que posibilita o seguimento de todos os servizos e sistemas locais dunha forma máis intelixente grazas a unha visión única e centralizada das operacións”. Esta ferramenta, engaden, pódese utilizar para crear aplicacións que xestionen calquera dos diferentes servizos da contorna urbana: desde o control dos servizos de xardinaría ata a retirada de refugallos urbanos ou xestión da iluminación. “A plataforma”, engaden, “axuda a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e coidar o medio ambiente”.
Na feira de Vigo, Wairbut contou cunha caseta expositora onde os visitantes tiveron oportunidade de coñecer o funcionamento da plataforma, así como os aspectos do proxecto no Concello de Pozuelo de Alarcón cunha demostración con maqueta de pezas Lego incluída.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?