Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As TIC serán o fío temático da sexta edición de Getting Contacts, en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As TIC serán o fío temático da sexta edición de Getting Contacts, en Santiago

Redacción
Publicado: 01/12/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

getting_contacts.jpgAs tecnoloxías da información centran a sexta edición do evento-xuntanza Getting Contacts, a celebrar o día 11 de decembro en Santiago. A cita servirá de punto de encontro entre empresas, subministradores e potenciais investidores, non só procedentes do sector TIC, aínda que tamén e máis que nunca. Sobre todo se temos en conta as conclusións extraidas das anteriores edicións e das diversas reunións mantidas polos responsables de Getting Contacts e o Concello de Santiago, reunións nas que se abordaron os potenciais e o estado de saúde de diferentes sectores e chegouse ao acordo de apostar, nesta edición, polas industrias tecnolóxicas. De feito, este ano está o Clúster TIC Galicia na organización.
Desde o Clúster apuntan a necesidade de conseguir que o mercado galego dea acubillo ás novas xeracións formadas en novas tecnoloxías. Asemade, a organización TIC galega apunta que este evento servirá para acadar ligazóns con empresas nacionais.
O lugar elixido para a cita é o Hotel AC Palacio do Carme. A xornada contará (entre outras cousas) cun relatorio sobre o financiamento para emprendedores a cargo do director comercial de AFIGAL, amais dunha demostración de Google Glass que porá o broche final á cita. O prazo para inscribírmonos aínda fica aberto.
Lembrar que na anterior edición de Getting Contacs participaron 196 empresas e 109 profesionais. O obxectivo destas xuntanzas é fortalecer os contactos entre as empresas facilitando o traballo colaborativo e en rede, xerar novas oportunidades de negocio, a partir de entrevistas por intereses e, por último, atraer a empresarios doutras zonas a abrir as portas a novos investimentos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?