Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno informa que serán as operadoras as encargadas de evitar interferencias entre TDT e 4G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno informa que serán as operadoras as encargadas de evitar interferencias entre TDT e 4G

Redacción
Publicado: 01/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

TELEV.jpgO comezo da liberación do Dividendo Dixital, do que tanto se fala ultimamente, trae unha realidade nova para as operadoras de telecomunicacións: deixaralles ceiba e despexada a frecuencia de 800 Mhz para poder usala coas redes de telefonía 4G. Isto será factible o 1 de xaneiro, e segundo o Goberno, todo irá coma a seda. Ou sexa, que non haberá problemas de incidencias nin interferencias ao ter que compartirse o espectro natural da Televisión Dixital Terrestre coa devandita tecnoloxía móbil (as probas en Zamora así o demostran, informa o Executivo). O Goberno engade a este respecto que tampouco haberá custes para os cidadáns, xa que “o proceso correrá a cargo dos operadores de telecomunicacións”. Porén, hai voces críticas que din que si que haberá problemas de recepción, como as de SES Astra ou Avitel, que nos advirten de que a convivencia entre televisión e 4G si que traerá interferencias.
Este proceso do que falamos, o proceso que terán que asumir as compañías, non é outro que a posta en marcha das probas e actuacións preventivas precisas para garantir “as condicións existentes de recepción do servizo de televisión nas zonas delimitadas que presentan maior afectación”. Ou sexa, para asegurar que nestas zonas a TDT sexa posible seguir vendo coma ata o de agora. Estas áreas de posible afectación, sinala o Goberno, son moi limitadas “e poden solventarse de maneira satisfactoria”. Por certo que as interferencias virían dadas pola propia actividade das estacións de comunicacións móbiles. Ao fío disto, as operadoras estarán obrigadas a velar para que iso non ocorra. Ou sexa, Telefónica, Vodafone e Orange, que son as que contan con licenzas para o 4G na devandita banda do espectro. No caso de que os cidadáns rexistren algún tipo de anomalía ou problema, poderán dirixirse especificamente á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información (SETSI) para reclamar isto. Polo tanto, o plan do Goberno é que as operadoras sigan a pagando a factura da liberación da banda de 800 Mhz, polo que terán que encargarse de crear un centro de atención á cidadanía para recoller e tramitar as queixas no caso de que se produzan interferencias entre a TDT e o 4G.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?