Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Intel mellora o sistema de comunicación de Stephen Hawking
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Intel mellora o sistema de comunicación de Stephen Hawking

Redacción
Publicado: 03/12/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

hawking_intel.jpgO fabricante Intel vén de desenvolver a nova plataforma de comunicacións do científico Stephen Hawking, unha tecnoloxía que substitúe o seu anterior sistema (de varias décadas de antigüidade) e que en palabras da multinacional “mellora de xeito drástico a súa capacidade de comunicarse co mundo”. A nova tecnoloxía, denominada Ferramentas de Asistencia Conscientes do Contexto (Assistive Context Aware Toolkit) foi presentada este martes da man do propio Stephen Hawking e os desenvolvedores de Intel. A gran vantaxe do sistema é que vai permitir ao científico comunicarse de xeito máis doado e realizar as súas tarefas cotiás con maior rapidez, aumentando a súa independencia.
Trátase dun recurso adaptable a múltiples características físicas, funcionais ou motrices e que estará dispoñible para as comunidades de investigadores e tecnolóxicos a partir de xaneiro do vindeiro ano (a comunidade internacional do ámbito da eSaúde poderá usalo para axudar ás persoas afectadas por tetraplexias ou patoloxías motoras de orixe neurolóxica). O desenvolvemento da tecnoloxía implicou un fondo estudo previo das necesidades do científico, máis polo miúdo o seu xeito de relacionarse coa máquina anterior, e tamén o tipo de patoloxía que lle afecta: unha patoloxía motora de orixe neurolóxica coñecida como esclerose lateral amiotrófica (ELA) que o deixa practicamente paralizado e podendo comunicarse só a través da tecnoloxía.
Segundo informa Intel, un equipo multidisciplinar de investigadores de Intel Labs traballou durante tres anos xunto co profesor co fin de substituír o seu actual sistema de comunicacións por unha tecnoloxía máis moderna. A colaboración do profesor Hawking, engade a compañía, “foi clave durante o proceso de deseño”, ao ofrecer achegas constantes que permitiron á empresa mellorar o sistema en cada unha das súas sucesivas versións. O software creado posibilita que as tecnoloxías novas e previamente existentes poidan operar máis eficientemente e de forma conxunta. “O sistema resultante”, engádese, “permite ao profesor Hawking escribir ao dobre de velocidade e mellorar nun factor de 10 a realización de tarefas frecuentes; así o profesor pode navegar, editar e xestionar páxinas web, documentos e correos electrónicos de forma máis rápida, sinxela e precisa ou abrir novos documentos, gardalos e editalos e alternar entre diferentes tarefas con máis facilidade”.
A tecnoloxía inclúe un sensor instalado na fazula de Hawking, que é detectado por un conmutador infravermello montado nas súas lentes, o que o dispoñibiliza para seleccionar caracteres no seu computador. A integración de tecnoloxías de software lingüístico da compañía británica SwiftKey tamén xogou un importante papel para mellorar o sistema no que a aprender directamente do profesor se refire, “predicindo os seus próximos caracteres e palabras, de forma que este só ten que escribir menos do 20% do total dos caracteres comunicados”.
Esta información envíase logo ao sintetizador da fala. Isto posibilita a Hawking comunicarse a través do seu portátil Lenovo. “Até o de agora”, sinala Intel, “o científico tiña que seguir procesos arduos, como pechar a súa xanela de comunicación, desprazar o punteiro para executar o seu navegador, movelo de novo á barra de procura e, por último, escribir os termos da procura”. O novo sistema automatiza todos estes pasos “nun proceso fluído e áxil”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?