Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O noso sector amosa o seu potencial perante os mercados latinoamericanos da man do Clúster TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O noso sector amosa o seu potencial perante os mercados latinoamericanos da man do Clúster TIC

Redacción
Publicado: 03/12/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cluster_tic_galicia_empresas_latinoamerica_concello_coruna.jpgO Clúster TIC Galicia subiu os días pasados un novo chanzo na escaleira da internacionalización das súas empresas. Falamos da Primeira Misión Comercial Inversa organizada polo Clúster, unha experiencia que segundo a organización galega que preside Antonio Rodríguez del Corral “foi todo un éxito” na súa vontade de abrir as portas do noso sector aos mercados latinoamericanos. Como lembraremos, a Misión desenvolveuse entre os días 27 e 30 de novembro e trouxo a Galicia a representantes de nove entidades procedentes de Brasil, Uruguai, Chile, Panamá e Honduras. Estas entidades pertencen aos sectores da telefonía, a televisión, os servizos de Internet, a xestión hospitalaria, o hardware, o software e a consultoría.
Ao longo de catro xornadas, os representantes destas firmas obtiveron, en palabras do Clúster, “unha visión ampla e actualizada da economía galega e das potencialidades do seu sector das TIC, ao tempo que participaron en actividades de networking con empresas pertencentes ao Clúster”. Segundo engade a organización, as previsións de traballo futuro non poden ser mellores. “Á vista da excelente receptividade mostrada pola delegación latinoamericana”, explica o Clúster, “este encontro ha de supoñer un primeiro paso para que se establezan relacións comerciais que permitirán ás empresas TIC galegas participar en licitacións, atopar socios tecnolóxicos e acadar acordos comerciais con firmas e entidades daquel continente”. Como dixemos, a Misión insírese no eixe da internacionalización e fomento da exportación, prioritario no Plan Estratéxico do Clúster TIC Galicia.
Participantes_Mision.jpgO programa de actividades abrangueu visitas institucionais aos concellos de Santiago de Compostela e A Coruña, onde os participantes na Misión coñeceron o desenvolvemento de Coruña Smart City, a xuízo do Clúster “un dos proxectos TIC emblemáticos que se están a desenvolver na Comunidade Autónoma”. Tamén tiveron ocasión de coñecer as liñas de traballo das entidades galegas de referencia en I+D+i e proxectos en sanidade dixital e en innovación multimedia, “áreas nas que Galicia está na punta de lanza da innovación internacional”, engaden fontes da plataforma galega.
Nestas xuntanzas desenvolvidas en Santiago e Coruña, Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC, incidiu “na modernidade da economía galega”, destacando o papel dos centros tecnolóxicos no seu apoio á innovación empresarial, a alta cualificación da man de obra especializada e as excelentes comunicacións marítimas, aeroportuarias, e a través de fibra óptica. Ante os representantes latinoamericanos, del Corral salientou tamén “que o sector TIC representa o 2% do PIB galego, cun volume de negocio de 2.290 millóns de euros, e resaltou que dous centenares de empresas realizan actividades intensivas en I+D+i”.
A primeira Misión Comercial Inversa do Clúster TIC Galicia contou con cofinanciamento do IGAPE e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través da liña de axudas a organismos intermedios para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización das empresas galegas. A iniciativa alíñase coa política de clústers que se impulsa dende a Unión Europea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?