Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Daniel Cerqueiro salienta en Pontevedra que a revolución dixital está a favorecer un “mercado máis xusto”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Daniel Cerqueiro salienta en Pontevedra que a revolución dixital está a favorecer un “mercado máis xusto”

Redacción
Publicado: 04/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_daniel_cerqueiro_abertal.jpgDaniel Cerqueiro, xerente da empresa galega Abertal e experto en mercadotecnia dixital (en Abertal e tamén en Galinus, da que foi fundador), foi o encargado de abrir os días pasados unhas xornadas sobre redes sociais no Campus de Pontevedra, máis polo miúdo na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Segundo fixo saber ao comezo do seu relatorio facendo referencia aos cambios que están a imprimir os servizos 2.0 no noso xeito de consumir e producir, “estamos nun intre de revolución absoluta”. Segundo engadiu, afondando nesta idea, as ferramentas que permiten a calquera persoa crear e difundir contidos a través da Rede teñen varias consecuencias e unha delas é a seguinte: as empresas non poden controlar xa a súa comunicación, que está agora en mans dos usuarios. Polo tanto, xa non vale con desenvolvermos un servizo ou un produto e asegurar de palabra a súa calidade. Agora máis que nunca ten que ser de verdade útil e bo.
Neste primeiro relatorio das xornadas sobre redes sociais organizadas pola delegación de alumnado da devandita Facultade, Cerqueiro quixo facilitar entre os asistentes unha visualización máis clara dos cambios dos que estamos a ser testemuñas (e actores) e, emporiso, lembrou os tempos nos que existían só dúas canles de televisión “e o mellor xeito de dar a coñecer un produto ou servizo era pór un anuncio no Un, dos, tres, que víao a metade da poboación”. De cinco anos cara ao noso presente, isto non é que sexa xa imposible, é que sería inútil. “Agora”, dixo, “todo é inmediato, e iso ten as súas vantaxes, xa que as empresas poden testar rapidamente os seus produtos e o seu modelo de negocio, pero tamén ten unha parte complexa de manexar, que é que estás a mercé dos usuarios”.
Ao seu xuízo, todas estas transformacións, como era de agardar, están a provocar certo medo nalgunhas empresas: o medo ao que dirán. Porén, hai outra parte de compañías que están a ver unha clara oportunidade no que sobre o papel podería ser un problema, e bótanse a empregar as redes sociais de xeito moi intelixente. De feito, bótanse de chego a abrir as portas de usuarios e lectores para que sexan eles mesmos os que xeren contidos e logo difundilos. Este fenómeno, dixo, “resulta evidente en ámbitos como o turismo, no que a ocupación dos hoteis ten unha relación directa coa súa puntuación en Booking ou Tripadvisor”. Neste senso, Cerqueiro concluíu que este novo ecosistema ten como resultado “un mercado máis xusto”, xa que se pasou dos tempos nos que o primordial era dispor de diñeiro para acadar unha “presenza mediática importante” a unha contorna na que “todos temos acceso a unha información que nos permite consumir con máis responsabilidade e calidade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?