Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Cultura Galega lanza unha web-hemeroteca de publicacións feministas, A Saia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Cultura Galega lanza unha web-hemeroteca de publicacións feministas, A Saia

Redacción
Publicado: 04/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ccg_hemeroteca_a_saia.jpgO Consello da Cultura Galega segue adiante, incansable, co seu importante labor de recuperación do noso patrimonio artístico (en calquera das súas moitas manifestacións) con todo o que implica hoxe en día para o CCG o termo recuperación: non só procura, rexistro, inventariado e posta en valor senón tamén dixitalización, envorcado na Rede, democratización ou divulgación. Este 2 de decembro, sen ir máis lonxe, o Consello deu a coñecer a Hemeroteca Feminista Galega A Saia, cuxo obxectivo é “achegar ao mundo da investigación e ao público en xeral publicacións fundamentais para entender o movemento feminista galego e a historia recente do noso país”. Para comezar, achéganse números íntegros e indexados das revistas A Saia, Andaina e Festa da Palabra Silenciada.
Este traballo de recuperación (e polo tanto de dixitalización e publicación en liña) veu da man da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega en colaboración co Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona. O resultado é un proxecto que recupera e dá a coñecer unha boa parte deste material.
Segundo explicou durante a presentación Helena González, coordinadora canda a Mariam Mariño do proxecto, “trátase dun material imprescindible para facer a historia da Galicia dos anos 80”. A iniciativa abrangue a posta en marcha dunha web de seu, onde (entre outras cousas) descríbense as devanditas cabeceiras, fornécense reproducións facsimilares dos exemplares e achégase unha serie de índices documentados que, segundo informa o CCG, permitiron atribuír a autoría de moitos artigos e coñecer mediante un sistema de etiquetado os contidos de cada texto. A descrición de cada publicación subministra datos como a periodicidade, o número de páxinas, se incluía publicidade ou mesmo o prezo de venda.
Na presentación da iniciativa estivo presente tamén María Xosé Agra, coordinadora da Comisión da Igualdade do CCG, quen lembrou que o material agora recollido “corría o risco de se perder. Moitas cabeceiras xa non se editan, ou pertencían a colectivos hoxe desaparecidos. Entón fican coleccións nas mans de persoas particulares, e é pola súas doazóns e mais pola colaboración de organizacións que podemos ter este material e polo a disposición da cidadanía e das investigadoras”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?