Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os investigadores do centro galego AtlantTIC, recoñecidos na conferencia IberSpeech sobre tecnoloxías da fala
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os investigadores do centro galego AtlantTIC, recoñecidos na conferencia IberSpeech sobre tecnoloxías da fala

Redacción
Publicado: 04/12/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

iberspeech-2014.jpgO mes pasado celebrouse nas Palmas de Gran Canaria a conferencia IberSpeech 2014, uns encontros entre investigadores do ámbito estatal que xira arredor das tecnoloxías da fala, dos retos e desafíos das mesmas. No evento estivo presente o centro galego AtlantTIC co equipo GTM-UVigo e presentando dous artigos que resultaron gañadores na avaliación Busca de voz convocada no dito certame. O primeiro, desenvolvido por Paula López, Laura Docío e Carmen García, consiste na aplicación da representación da voz mediante ivectors para a realización de recoñecemento continuo de emocións.
O outro, informa fontes de AtlantTIC, foi realizado por Marta Martínez e Antonio Cardenal e consiste no estudo e análise das estratexias básicas de keyword spotting (procura de palabras crave en contidos de audio) sobre unha base de datos en galego. Ademais, presentouse parte do traballo realizado ao abeiro do proxecto SpeechTech4All, máis polo miúdo unha interface gráfica que serve como demostradora das tecnoloxías dos grupos de SpeechTech4All: Universidade de Vigo, Universidade do País Vasco e Universidade Politécnica de Catalunya.
Lembrar que IberSpeech 2014 é unha conferencia sobre distintas temáticas relacionadas coas tecnoloxías da fala, sendo de especial interese os idiomas falados na Península Ibérica. Está organizada pola Rede Temática en Tecnoloxías da Fala (RTTH) e o ISCA Special Interest Group on Iberian Languages (SIG-IL). Trátase dunha conferencia que se celebra cada dous anos desde o 2000; as últimas edicións celebráronse en Vigo en 2010, baixo o nome de FALA 2010, e en Madrid, onde adoptou o nome IberSpeech.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?