Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Voluntariado Dixital amosa o seu traballo perante Castela e León
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Voluntariado Dixital amosa o seu traballo perante Castela e León

Redacción
Publicado: 05/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

voluntariado_dixital.pngEste venres celébrase en todo o mundo o traballo desinteresado polos demais. Falamos do Día Internacional dos Voluntarios, unha importante conmemoración que na nosa terra tamén está a deixar pegada. E, en boa medida, unha pegada dixital. Entre as entidades que están a celebrar a xornada atópase a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA, que participa nunha xornada en liña de voluntariado tecnolóxico xunto coa Dirección Xeral de Xuventude e os responsables do Programa de Voluntariado Tecnolóxico da Xunta de Castela e León. AMTEGA amosa na cita os detalles da iniciativa tecnolóxico-solidaria de seu, o programa de Voluntariado Dixital. Os detalles debullaranse a través da experiencia dun dos 400 e-voluntarios adheridos ao programa. Segundo informa a Axencia, da iniciativa xa se beneficiaron máis de 3.800 persoas en Galicia.
José Luís Varela, administrador de sistemas informáticos será, precisamente, o voluntario do programa que compartirá a súa experiencia en actividades de alfabetización dixital para persoas maiores na Asociación Sociocultural Os Tilos e a través do proxecto Santa Comba na Memoria. Trátase dunha web para o recordo e un repaso á historia do século XX do concello, accesible no enderezo santacombanamemoria.es. A través de máis de 5.000 fotografías, Santa Comba na Memoria abre unha xanela ao pasado de Santa Comba desde o ano 1900 e reúne nun mesmo espazo os retrincos de historia gardados en papel durante un século nos fogares dos veciños.
Voluntariado Dixital é unha iniciativa posta en marcha en febreiro de 2012 que conta xa con máis de 400 persoas voluntarias e formáronse máis de 3.800 persoas a través dos apoios dixitais que se prestan. Ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías a unha maior porcentaxe de poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía, especialmente entre os colectivos de persoas maiores e de persoas con discapacidade. “Este último trimestre”, sinala AMTEGA, “leváronse a cabo 8 apoios dixitais grazas á participación de 6 voluntarios e, ata o momento son xa 70 as Entidades de Acción Voluntaria que colaboran co Programa de Voluntariado Dixital para promover accións de alfabetización dixital que faciliten a e-inclusión da nosa sociedade e diminúan a fenda dixital”.
No Día Internacional dos Voluntarios (DIV) 2014, ademais de celebrar o voluntariado en todas as súas vertentes, réndese especial tributo á participación das persoas que contribúen ao cambio a nivel local, nacional e global, poñendo especial atención á contribución dos voluntarios que involucran ás persoas desde os alicerces no proceso de toma de decisións, para finalmente crear un espazo de participación, que leva a gobernos máis fortes, á cohesión social, á paz e ao desenvolvemento sustentable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?