Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 57 profesionais das TIC divulgarán o uso das novas tecnoloxías en 48 concellos de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 57 profesionais das TIC divulgarán o uso das novas tecnoloxías en 48 concellos de Lugo

Redacción
Publicado: 09/12/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_lugo_dinamizadores.jpgO segundo programa InnovaTE da Deputación de Lugo, destinado a achegar formación e asesoramento continuo aos concellos da provincia en materia TIC (eAdministración), comeza oficialmente a súa andaina. Segundo informou o organismo provincial, 57 traballadores darán formación e asesoramento especializado nos 48 Concellos que decidiron adherirse á iniciativa, segundo recalca a Deputación “Gobernos locais de todas as cores políticas”. O servizo, que como dixemos comeza a desenvolverse hoxe mesmo, xorde do obxectivo da Deputación de “responder ás propias demandas dos Concellos”, que queren seguir afondando nos coñecementos adquiridos en Administración Electrónica na primeira fase do proxecto.
A segunda fase de InnovaTE, que conta con cinco técnicos máis que na fase primeira, non só se pon a disposición dos Gobernos locais, senón que tamén fornecerá actividades dirixidas aos veciños en xeral. A finalidade, engade o organismo responsable, é potenciar o uso das novas tecnoloxías “e amosar aos lucenses de todas as idades como aproveitar ao máximo todas as posibilidades que as TIC ofrecen a nivel persoal e laboral”. Os devanditos 57 dinamizadores estenderán a súa actividade ata o mes de marzo, desenvolvendo accións como un plan de formación de 576 cursos (12 por Concello) para os empregados municipais sobre temas como os trámites electrónicos, antivirus, ferramentas web, xestión de portais web, formación xurídica relacionada coas TIC ou posta en marcha de sedes electrónicas.
Os dinamizadores tamén achegarán colaboración directa aos Concellos para resolver posibles incidencias nos equipos informáticos ou da rede. Igualmente, organizarán xornadas divulgativas e de sensibilización, “que chegarán a unhas 5.000 persoas e abordarán cuestións como o uso da eAdministración, o comercio a través da Internet ou a navegación segura pola Rede”, salienta a Deputación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?