Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa H2020 e as súas oportunidades de transferencia no eido das Cidades Intelixentes, a debate este mércores na UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa H2020 e as súas oportunidades de transferencia no eido das Cidades Intelixentes, a debate este mércores na UDC

Redacción
Publicado: 09/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

horizon2020_0-jpg_20179944.jpgEste mércores celébrase na Universidade da Coruña un encontro destinado a informar en detalle do novo programa H2020, abordando as súas novidades máis relevantes con respecto a anteriores convocatorias e afondando nas características e oportunidades doutros programas internacionais para entidades con vocación de traballar en proxectos colaborativos empresa-centros tecnolóxicos. A xornada A Smart, Blue Horizon 2020, segundo nos avanza o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, que estará presente na cita a través do seu decano (participando nunha das mesas de debate), desenvolverase no paraninfo da Reitoría da UDC.
As temáticas principais, amais dos devanditos programas de colaboración, serán as cuestións da transferencia tecnolóxica, as Cidades e Comunidades Intelixentes e máis o Blue Growth (Crecemento Azul, unha estratexia nova de sustentabilidade para os sectores mariño e marítimo)
A cita comezará ás 9:15 horas, cos saúdos do reitor da UDC, Xosé Luís Armesto, e o director xeral de Investigación da Comisión Europea, Xosé Manuel Silva, para continuar coa intervención do profesor Moacyr Martucci, da Universidade de São Paulo, quen falará sobre Territorios intelixentes. Interface terra-mar.
Ás 10:20 horas chegará a quenda de Ramón Bermúdez de Castro, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, quen disertará sobre Continentes e océanos: o mundo en rede. A doutora Mirta Lewis, CENPAT, falará sobre o Programa arxentino PAMPA AZUL e, xa despois do descanso, intervirá a doutora Vanessa Campo, de RTD, Comisión Europea, coa conferencia Horizonte 2020: Crecemento Azul.
Ás 13:00 horas será a quenda de de Jorge Velasco, do Centro Superior de Investigacións Científicas (Bruxelas), cunha charla sobre O mundo bruxelense da I+i+i: ideas básicas, e a doutora Ana Nieto, RTD, Comisión Europea, que explicará a Avaliación da investigación universitaria respecto ao H2020.
Ás 15:20 horas continuará a xornada con Lluís Botifoll, consultor (Bruxelas) coas súas Propostas de proxectos terra-mar ao H2020, e Emilio Fernández, da Universidade de Vigo, quen falará de Campus do Mar e Blue Growth. O punto final poñerano varios membros da UDC, con Casos de éxito en propostas ao H2020, e José Manuel Silva exporá as conclusións.
Horizonte 2020
O programa Horizonte 2020 (H2020) da Comisión Europea é un dos principais programas de financiamento a nivel internacional. Cun orzamento aproximado de 80.000 millóns de euros para un período de sete anos (2014-2020), H2020 constitúe en palabras da Universidade da Coruña “unha opción de especial relevancia para universidades, centros de investigación e empresas á procura de financiamento para os seus proxectos de I+D+i”.
As primeiras convocatorias deste novo programa comezaron a publicarse en decembro de 2013, prestando especial atención a dúas prioridades temáticas, Blue Growth e Smart Cities and Communities, ás que a UDC lembra que tamén concede “unha importancia estratéxica”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?