Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os galegos amosamos unha fenda dixital de xénero menor cá media estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os galegos amosamos unha fenda dixital de xénero menor cá media estatal

Redacción
Publicado: 09/12/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

muller_traballando_computador-3.jpgOs días pasados, o Observatorio da Sociedade da Información de AMTEGA deu a coñecer datos sobre o nivel de alfabetización dixital da sociedade galega baixo un óptica de xéneros. Segundo se fai saber na investigación, a fenda dixital home-muller (unha fenda que se ten manifestado durante anos nunha desvantaxe das nosas mulleres no que se refire a formación TIC, motivada sobre todo por situacións de discriminación previas que a condicionan e lle dan forma) é xa menor cá media estatal. En cuestión de uso do computador, sitúase arestora nos 2,8 puntos, fronte aos 4 da media española. Noutras palabras, en Galicia un 62,7% das mulleres e un 65,5% dos homes fixo uso do ordenador nos últimos tres meses.
No informe explícase que a devandita separación por xéneros reduciuse neste indicador (uso do computador) en 4,3 puntos no período 2010-2013, pasando de 7,1 puntos no ano 2010 a 2,8 no ano 2013. A nivel estatal, a diminución no mesmo período foi tan só de 2 puntos. En canto ao uso de Internet, a diferenza entre homes e mulleres en Galicia é tamén inferior á media española con 3,8 puntos en Galicia fronte aos 4,1 do conxunto do Estado.
O estudo do OSIMGA conclúe que se observa “un comportamento diferenciado nos usos e servizos empregados na Rede”. E explica, máis en detalle: “As mulleres decántanse máis por participar en redes sociais, superando aos homes en 5,6 puntos porcentuais; ademais, as mulleres fan un maior emprego na busca de información sobre viaxes e aloxamento, con 4,7 puntos porcentuais máis que os homes”.
A maiores, as mulleres decántanse tamén máis pola realización de cursos en liña e pola busca de emprego a través de Internet mentres que os homes empregan máis a banca electrónica e usan máis a Rede para vender ou alugar bens ou servizos. En canto ao tempo adicado a conectarse a Internet, o informe apunta a que “os homes avantaxan ás mulleres nos treitos de máis de 10 horas semanais de conexión, mentres que nos intervalos de tempo inferior a tendencia invértese”.
Polo que atinxe á Administración Electrónica, son elas as que tiran máis proveito das ferramentas dispoñibles para comunicarse ou facer xestións coas entidades públicas. Cousas como por exemplo procurar información de páxinas web, descargar formularios oficiais e enviar formularios cubertos, cunha diferenza de 4,5 puntos porcentuais entre homes e mulleres.
Por outra banda, o estudo do OSIMGA tamén apunta a un meirande interese das galegas por formarse nas TIC. Un 29,8% delas asistiron algunha vez a actividades formativas sobre novas tecnoloxías de cando menos tres horas de duración, fronte ao 25,5% dos homes, o que supón que as mulleres avantaxan en máis de 4 puntos porcentuais aos homes neste indicador.
O estudo do OSIMGA conclúe que a fenda dixital de xénero “está fortemente influenciada pola idade”. Así, na franxa dos 16 aos 44 anos as mulleres superan aos homes no uso das TIC. A partir dos 45 anos, a tendencia invértese, sendo especialmente desfavorable para as mulleres entre os 65 e os 74 anos. Pola contra, sinálase, as novas xeracións rompen a dicotomía tradicional (mulleres/tecnofobia, homes/tecnofilia), amosando que “non existen diferenzas de xénero significativas respecto ás habilidades e aos usos das TIC entre homes e mulleres ata os 45 anos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?