Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medios achegou en 2014 un total de 200 axudas para permitir a recepción da TDT vía satélite en fogares do noso rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medios achegou en 2014 un total de 200 axudas para permitir a recepción da TDT vía satélite en fogares do noso rural

Redacción
Publicado: 10/12/2014
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

tdt-2.jpgO Goberno galego vén de facer reconto das axudas que ten dispoñibilizado para facilitar a recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre naquelas zonas de máis complexa cobertura a través das tecnoloxías comunmente empregadas noutras áreas. Falamos das subvencións para a adquisición de equipamentos destinados á recepción da TDT mediante satélite en familias que residan en contornas de sombra dixital (zonas a revitalizar do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia), unha liña de axudas que se saldou no exercicio 2014 nun total de 200 achegas. O investimento subvencionado total foi de 59.795,67 euros. O departamento responsable desta iniciativa foi a Secretaría Xeral de Medios.
A axuda, informa o Goberno galego, foi tramitada directamente a través de empresas instaladoras de telecomunicacións autorizadas, que colaboran coa Xunta realizando as xestións para os fogares que precisen das achegas. A subvención consiste no desconto na factura, por parte das empresas colaboradoras, de ata 300 euros no material subministrado, incluído o IVE. Neste material, explican o Executivo autonómico, “inclúese todo o preciso para a recepción do servizo, antenas, cables, conectores e o receptor de TDT a través de satélite”.
Lembrar que o Plan de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS) en Galicia, é unha iniciativa coordinada pola Consellería de Medio Rural e do Mar, a través da axencia AGADER, co apoio e a colaboración económica do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que achega o 50% do financiamento deste proxecto. O outro 50 % é sufragado pola Xunta de Galicia, neste caso a través dos orzamentos da Secretaría Xeral de Medios. Para ter acceso a estas axudas é necesario que as familias que as soliciten non teñan acceso a Televisión Dixital Terrestre e que residan nos concellos do interior de Lugo e de Ourense clasificados de primeiro nivel dentro do PDRS.20140429-desenvolvemento-rural.jpg
O servizo de TDT por satélite (Sat-TDT) é un servizo que permite gozar de balde das canles de TDT nas vivendas onde non chega o sinal terrestre ou o sinal non ten a calidade axeitada para a correcta recepción. Dentro desta iniciativa son subvencionables as novas instalacións do servizo de TDT a través de satélite, podéndose solicitar un máximo dun equipamento por usuario e vivenda. Ademais, co fin de non discriminar ás familias que xa teñan instalado pola súa conta un equipo para a recepción deste servizo, estas poderán solicitar subvención para un segundo receptor na súa vivenda.
A Xunta prevé prorrogar este plan ata o ano 2015, o que suporá un investimento total de máis de 400.000 euros e beneficiará arredor de 900 familias de 78 concellos do interior das provincias de Lugo e de Ourense.
Inicio da Convocatoria
O pasado ano, por Resolución da Secretaría Xeral de Medios, iniciouse o procedemento para a selección das entidades colaboradoras na xestión das subvencións para a adquisición e instalación de equipamentos de Televisión Dixital Terrestre por satélite en vivendas e edificacións situadas en zonas para revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia. As entidades colaboradoras, empresas instaladoras de telecomunicacións autorizadas para a instalación do servizo regulado de TDT por satélite, teñen como labor a promoción da adquisición, a participación na tramitación do procedemento nos termos previstos nas bases, a subministración e instalación do equipamento indicado, actuando como canle entre os beneficiarios das accións subvencionables e a Secretaría Xeral de Medios, procedemento que se realiza exclusivamente por medios telemáticos.
Para os efectos da tramitación do procedemento, a colaboración de ditas entidades comprende a de presentación, en representación dos interesados, das solicitudes de axuda por medios telemáticos, cubrindo e enviando os formularios normalizados de solicitude xunto coa documentación complementaria que sexa requirida, así como realizar os trámites precisos para executar, xustificar e certificar a realización das actuacións subvencionables.
Segundo engade Medios, “aínda que só se subvenciona o equipamento e non a man de obra da instalación, a empresa colaboradora deberá realizar a instalación e tramitar a activación do servizo, deixándoo plenamente operativo”. O dito equipamento consiste, no caso dunha instalación completa, en antena parabólica de recepción cos seus complementos, cableado, toma de usuario e receptor de TDT por satélite capaz de recibir as canles da Televisión Dixital Terrestre, tanto a Televisión de Galicia como tódalas de ámbito nacional, privadas e públicas.
O 28 de maio de 2013 publicouse a Resolución da Secretaría Xeral de Medios pola que se daba publicidade á relación de entidades que obtiveron a calidade de entidade colaboradora na xestión das subvencións para a adquisición e instalación de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital en vivendas e edificacións situadas en zonas para revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia (procedemento administrativo PR527A), resultando inicialmente 19 empresas colaboradoras seleccionadas. Na actualidade son 20 as empresas colaboradoras, “debido a incorporación posterior dunha nova empresa, xa que para facilitar unha maior competencia e de atención aos interesados, este proceso queda aberto a incorporación de novas entidades colaboradoras que cumpran cos requisitos da convocatoria”, sinala o departamento da Xunta.
Toda a información deste proceso está publicada no enderezo de Internet medios.xunta.es, no apartado Axudas e Subvencións, e tamén a través dos teléfonos da habilitados ao efecto da Secretaría Xeral de Medios, 981 54 42 34, así como o enderezo de correo electrónico xestión.sxm@xunta.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?