Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: MosaLingua lanza no mercado estatal aplicacións de balde para aprender seis linguas europeas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

MosaLingua lanza no mercado estatal aplicacións de balde para aprender seis linguas europeas

Redacción
Publicado: 10/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mosalingua.jpgA empresa MosaLingua, start-up europea centrada no desenvolvemento de ferramentas para aprender linguas en dispositivos móbiles, vén de lanzar no mercado estatal versións de balde (LITE) para facilitar aínda máis o devandito: meternos na pel dunha persoa que fale un idioma diferente ao noso ou cuxo coñecemento debamos perfeccionar. MosaLingua parte dunha base a ter en conta: os seus recursos xa foron descargados por máis de 600.000 persoas en todo o mundo. A través das ferramentas de seu, a empresa pon á nosa disposición no noso teléfono intelixente ou tableta “un adestrador persoal para aprendermos linguas de xeito rápido e efectivo, fornecendo motivación a través dun sistema de bonificación”. Hai versións para Android e iOS.
Segundo fan saber os responsables da empresa, “as aplicacións de MosaLingua diferéncianse polo seu sistema científico baseado en diferentes conceptos da ciencia cognitiva e psicolóxica, que garante a aprendizaxe rápida e efectivo do inglés, portugués, francés, italiano e alemán”. Ademais, engade a start-up, nos recursos de Mosa “non hai conceptos innecesarios ou regras de gramática que poidan bloquear aos estudantes, especialmente ao principio; de feito, o contido foi seleccionado con coidado para aquelas persoas que queiran aprender un idioma de xeito rápido”. Ao fío disto, sinalar que se inclúen máis de 3.200 cartóns de aprendizaxe gravadas por nativos e organizadas en 14 categorías principais e 10 niveis de dificultade.
Por outra banda, lembrar que ademais de todo o vocabulario que inclúe cada unha das aplicacións, o usuario pode engadir novas palabras e frases beneficiándose do efectivo sistema de memorización da aplicación. “Desta forma, a aplicación adáptase aínda máis ás necesidades do usuario e convértese nun aliado perfecto para aprender un idioma”, explican os responsables da iniciativa.
Como dixemos, a ferramenta xa está dispoñible (versión de balde de demostración) na App Store de Apple e máis en Google Play. Os idiomas que se poden aprender son: inglés, inglés de negocios, francés, portugués, alemán, italiano e español. Os prezos das aplicacións completas van dos 4,49 euros (iOS) aos 4,99 euros (Android), e estes prezos inclúen as diversas actualizacións que levan a cabo para melloralas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?