Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A tecnoloxía no turismo, eixo temático dunha xornada o día 18 na Cidade da Cultura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A tecnoloxía no turismo, eixo temático dunha xornada o día 18 na Cidade da Cultura

Redacción
Publicado: 11/12/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xornada_turismo_cdtic.jpgA vindeira semana, o xoves 18 de decembro, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), en colaboración coa Axencia de Turismo, o Clúster Turismo de Galicia e o Clúster TIC galego, organizarán no salón de actos do edificio CINC da compostelá Cidade da Cultura, unha xornada sobre retos e oportunidades tecnolóxicas para o sector do turismo. E a quen vai encamiñado este encontro? Pois a empresas do sector tecnolóxico e do sector turístico que queren abranguer os retos pendentes na aplicación das novas tecnoloxías ao turismo e atopar as solucións máis innovadoras neste eido.
Emporiso, a apertura do encontro correrá a cargo da directora da AMTEGA, Mar Pereira Álvarez, o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, e secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal.
O programa da xornada, que se desenvolverá en horario de 10.00 a 20.00 horas, inclúe varios relatorios sobre as oportunidades e as transformacións que supoñen as TIC para o sector turístico. A primeira conferencia da mañá tratará os cambios no mercado do turismo en virtude da tecnoloxía. A continuación celebraranse dúas mesas temáticas, a primeira sobre a experiencia do cliente (turista) a través das aplicacións móbiles e a segunda sobre a economía colaborativa e os novos axentes na cadea de valor do turismo.
Na quenda de tarde, abrirase a sesión cunha mesa temática sobre o valor da marca dixital. Logo, farase unha presentación das empresas TIC e do Catálogo de provedores e solucións tecnolóxicas galegas para o turismo (TurismoTIC.gal), unha ferramenta en liña onde as empresas do sector turístico poderán atopar unha mostra representativa de empresas TIC galegas que poden converterse en aliados tecnolóxicos no cumprimento dos seus oxectivos de negocio. A xornada finalizará cun networking no que as empresas poderán aproveitar para facer contactos e buscar oportunidades.
Informar que a asistencia á xornada é de balde, previa inscrición a través da páxina web do CDTIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?