Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: App Ciudad fornece unha plataforma para permitirnos atopar destino ás nosas accións solidarias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

App Ciudad fornece unha plataforma para permitirnos atopar destino ás nosas accións solidarias

Redacción
Publicado: 11/12/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

accionsocial_services.jpgOs responsables de App Ciudad puxeron e marcha o primeiro de mes unha iniciativa tecnolóxica destinada a facilitar que cidadáns e proxectos solidarios poidan atoparse. Trátase de Acción Solidaria, un xeito de estreitar espazos entre os internautas con arelas de botar unha man aos demais e os proxectos que canalizan e materializan esas arelas. A proposta baséase no seguinte: hai unha cantidade inxente de accións solidarias (doazóns de xoguetes, comidas, roupa) que fican en nada por non daren os cidadáns coas portas axeitadas ás que petar.
A iniciativa Acción Solidaria, xa usada a pleno rendemento por cidadáns e tamén por ONG e empresas (que poden publicar de balde as súas campañas para que a xente poida unirse a elas), é unha categoría dentro das aplicacións propias de App Ciudad. Está xa ao alcance da man dos máis 600.000 usuarios que a empresa ten en España e o seu obxectivo principal é converter as franquías desta firma de desenvolvemento de ferramentas móbiles “nun escaparate gratuíto para que as empresas, colaboradores, asociacións e ONG que así o desexen, publiquen as súas campañas solidarias”. Así o recalca José Ramón Cerviño, director xeral da plataforma App Ciudad: “Esta iniciativa é totalmente altruísta e non terá ningún custo para as entidades que queiran publicar as súas campañas solidarias nas nosas aplicacións”.
Lembrar que App Ciudad está dispoñible en máis de 30 puntos nacionais e internacionais e vén de unir todas as súas franquías baixo o seu propio nome nunha aplicación lanzadeira que inclúe novos servizos como as seccións Accesibilidade, con información sobre accesibilidade para persoas con diversidades funcionais ou motrices, ou Viaxa e Traballa, onde se ofrecen ofertas de emprego temporais para quen queira un emprego mentres visita unha cidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?