Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha campaña contra Amazon no Reino Unido podería derivar nunhas perdas de máis de 3,5 millóns de libras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha campaña contra Amazon no Reino Unido podería derivar nunhas perdas de máis de 3,5 millóns de libras

Redacción
Publicado: 11/12/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

amazon_campana_reino_unido.jpgA Amazon probablemente non lle van ir moi ben as vendas na campaña de Nadal na que xa estamos en maior ou menor medida mergullados, ou polo menos non tan ben como desexaría. Sobre todo no Reino Unido, que é onde se está a impulsar o que se considera o meirande boicot rexistrado na historia do país contra o xigante das vendas en Internet. A raizame da campaña contra Amazon hai que rastrexala en 2013, cando a activista Emily Kenway puxo en marcha unha mobilización na plataforma Change.org para forzar á devandita empresa a mellorar as condicións laborais dos seus traballadores no Reino Unido (basicamente subirlles o soldo ata un mínimo aceptable).
Froito desta campaña (apoiada por máis de 65.000 persoas) creouse unha páxina específica, Amazon Anonymous (A.A.), dende a que se convida aos internautas do país a non mercar nada a través da canle de venda da empresa mentres esta non emende as ditas condicións laborais. Esta nova arremetida conta a multinacional vai acompañada doutra campaña en Change.org que xa anda a rentes (este xoves 11 de decembro) dos 130.000 apoios. A través dela, pídeselle a Jeff Bezos que este Nadal lles pague aos seus traballadores un soldo para vivir.
Segundo se estima, as perdas para a compañía derivadas destas acción poderían acadar máis de 3,5 millóns de libras. Segundo se fai saber en Amazon Anonymous, a empresa sitúa os seus almacéns en zonas deprimidas onde non hai outra alternativa para os traballadores. Igualmente, critícase que non pague impostos en Reino Unido, “malia conseguir máis de 7.000 millóns en vendas só entre 2009 e 2011”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?