Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Pazo de Mariñán acolle unha xornada sobre as tecnoloxías de xestión máis acaidas para os nosos empresarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Pazo de Mariñán acolle unha xornada sobre as tecnoloxías de xestión máis acaidas para os nosos empresarios

Redacción
Publicado: 12/12/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

marinan.jpgO vindeiro mércores 17, a partir das 17:00 horas, a Factoría de Innovación da Coruña celebrará no Pazo de Mariñán de Bergondo (A Coruña) un encontro directamente encamiñado a acurtar distancias entre os nosos empresarios e as ferramentas actualmente dispoñibles que máis poden facer pola optimización da súa actividade. A xornada Aprovéitate da tecnoloxía… veu para quedar, ten por obxectivo dar a coñecer as últimas tendencias que se están a integrar na contorna empresarial e analizar distintas estratexias e técnicas para a mellora dos resultados. O evento constará de tres relatorios xerais e tres mesas redondas que se converterán en espazos para que os asistentes aprendan novos conceptos e compartan as súas inquietudes e experiencias.
A inscrición nesta sesión, así como en todas as actividades organizadas pola Factoría de Innovación da Coruña, é de balde. Os interesados deben rexistrarse a través da páxina web da Factoría ou enviando un correo electrónico a fdi_acoruna@eoi.es.

Programa da xornada
16:45h. Rexistro de asistentes e presentación da xornada
17:00h. Solucións que che axudan a que te adiques ao importante e o que che gusta
Mariem Filgueira. Factoría de Innovación da Coruña.
17:30h. Xestión do negocio, con que ferramentas conto? ERP, CRM ou cousas máis sinxelas? Como escoller o que máis beneficia?
Carlos Alfonso. Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG)
18:00h. Quero ter unha APP propia, que teño que facer?
Pablo Rodiz. Enxine
18:30h. Pausa
19:00h. A miña estratexia on-line baséase na miña web
María Regueiro. Asubía
19:30h. Hoxe saio de aquí tecnolóxico: 3 ferramentas necesarias, a cargo da Factoría de Innovación da Coruña
20:00h. Proxecto Parnet-TIC 2: novas tecnoloxías, emprego e medio ambiente
Óscar Blanco. Técnico de Parnet-TIC 2
20:00 h. Remate da xornada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?