A Universidade de Vigo vén de complementar o noso panorama de recursos tecnolóxico-lingüísticos cunha nova ferramenta moi útil para os usuarios de novos dispositivos. Trátase do Dicionario de Sinónimos do Galego, unha aplicación móbil coa que podemos consultar máis de 200.000 voces da nosa lingua. Segundo se informa, estas voces están artelladas en máis de 40.000 acepcións pola súa semellanza de significado.
Esta aplicación podémola atopar de balde na Play Store para aparellos con Android e tamén na tenda de produtos de Apple. Segundo conta a Universidade de Vigo, o Dicionario de Sinónimos foi elaborado por Xosé María Gómez Clemente, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões. A aplicación é de balde e ten enderezo de seu, sli.uvigo.es/sinonimos, dende o que facer consultas dende o computador. Foi editada pola Área de Normalización Lingüística da Universidade a través do Convenio de Colaboración en materia de normalización lingüística entre a Universidade de Vigo e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
A UVigo lanza un dicionario de sinónimos para os nosos dispositivos móbiles
Compartir Este Artigo
