
Ao fío da natureza da actividade, Caeiro fai saber ao boletín da UVigo que o obxectivo fundamental “é dar a coñecer ferramentas e recursos TIC que permitan aos docentes contribuír a que o seu alumnado sexa consciente e se faga responsable do seu proceso de aprendizaxe”.
O prazo para matricularse ficará aberto ata o 15 de xaneiro, data fixa (precisamente) para o comezo do curso, que se desenvolverá na segunda quincena do mes de xaneiro en dúas sesións por semana de 16 a 18 horas. En total a actividade terá unha duración de 20 horas, dez delas non presenciais.
A nivel de contidos, aprenderase aos profesores distintas estratexias para usar dende o primeiro día nas súas clases así como ferramentas e recursos TIC innovadores. Entre estes atópanse mapas conceptuais, blogs, portafolios, ferramentas de control remoto (clicker) ou sistemas para a avaliación mediante rúbricas. Segundo explica o profesor Caeiro e reflicte a UVigo, as aplicacións de control remoto permiten responder ás preguntas feitas durante o transcurso da clase a través dunha aplicación do móbil, despois o profesor recolle todas esas respostas e pode comentalas cos estudantes. “Deste xeito”, explica o profesor, “conséguese unha alta participación, sobre todo entre o alumnado máis tímido que xa non ten que responder diante de toda clase e, ao mesmo tempo, ao non ser unha resposta inmediata, teñen máis tempo para pensala”.
O sistema de avaliación mediante rúbricas en cada tarefa de clase permitirá aos alumnos e alumnas “ter moi claro en cada exercicio de clase como vai ser avaliado e ser responsables á hora de realizar esa tarefa”, explica Caeiro.
Un curso da UVigo fomentará o proceso de actualización de coñecementos TIC entre os profesores
Compartir Este Artigo
