Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha Little Smart Planet, plataforma de xogos educativos para nenos baixo supervisión dos pais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha Little Smart Planet, plataforma de xogos educativos para nenos baixo supervisión dos pais

Redacción
Publicado: 16/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Bit_Las_horas.jpgCon vistas a esta Nadal, vénse de presentar estes días a plataforma Little Smart Planet, unha plataforma española de subscrición de xogos móbiles para nenos de Primaria. O servizo, que vén da man do mozo emprendedor Juan Baixeras, foi creado para que as nenas e os nenos tivesen por unha banda xogos novos ao seu dispor e, pola outra, unha plataforma de seguimento que lles facilitase un uso ideal das devanditas achegas grazas ao tutelado dos profesores, das nais e dos pais.
A orixe de Little Smart Planet está no intre en que Baixeras decatouse de que os seus propios fillos reclamaban a tableta ou o móbil para xogar. A pregunta que veu despois pois foi: Por que non aproveitar este interese dos cativos polos dispositivos e mesmo canalizalo cara un fortalecemento do aprendido no colexio? O resultado é un feixe de xogos que, sen ser deberes, si que teñen un importante alicerce didáctico. De feito, contaron para o seu desenvolvemento cun equipo pedagóxico específico.
“Para os pais e educadores”, sinala Juan Baixeras, “Little Smart Planet supón unha ferramenta de confianza para poder coñecer a evolución dos nenos no xogo. A plataforma segméntase en tres xogos por materia por cada curso, dentro de cada un deles os nenos deberán superar catro niveles. En total, poderanse descargar e gozar de 18 xogos por trimestre, é dicir 54 para acompañar aos nenos en todo o ano escolar.
Bit_Si_labas.jpgLittle Smart Planet, máis en detalle, é unha plataforma de subscrición de xogos móbiles para nenos de Primaria (6 a 11 anos) que lles permite ter intres de lecer xogando ao mesmo tempo que reforzan tres das materias troncais impartidas nos colexios: matemáticas, lingua e inglés. Os xogos, cuxos contidos e obxectivos foron fixados polo equipo de pedagogos de Little, baséanse no Deseño Curricular Base que o Ministerio de Educación (MCU) establece para todos os centros escolares. Amais disto, Little Smart Planet é, en palabras dos seus creadores, “unha completa ferramenta para pais e educadores e que lles permite coñecer os resultados do neno no xogo, porque o sistema de medición presta atención á consecución dos obxectivos curriculares para cada curso e etapa, sen perder de vista a adquisición das Competencias Básicas que a lexislación educativa establece acorde á Unión Europea”.
A plataforma adáptase a todo tipo de formatos, tecnoloxías e dispositivos. Amais, está dispoñible para tabletas ou smartphones, tanto nas tendas de Apple Store e Google Play, como en Windows Phone Store e Amazon. O servizo de xogos é de subscrición cun custo de 3,99 euros ao mes con quince días de proba de balde. Para os clientes de Movistar o prezo sería de 0,99 (IVE incluído) á semana.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?