Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Everis anuncia que contratará 40 novos profesionais na nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Everis anuncia que contratará 40 novos profesionais na nosa terra

Redacción
Publicado: 16/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

everis.jpgA consultora Everis, da que falamos recentemente para informar do seu acordo coa galega Coremain, é unha multinacional con base española especializada en deseño e aplicación de ferramentas tecnolóxicas. Arestora atópase nunha clara fase de espallamento do seu radio de acción, estratexia que se apoia en fortalecer os seus equipos humanos do conxunto do Estado. Incluído o seu equipo galego. De feito, segundo vén de informar a empresa nun comunicado, ten previsto contratar 40 novos profesionais nas súas oficinas de Galicia ao longo do ano 2015. Deles, o 80% serán titulados universitarios menores de 30 anos, de acordo coa aposta da compañía por “fomentar o talento novo e o emprego de calidade”.
Na súa maioría, engaden fontes da empresa española, estes profesionais estarán relacionados coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, TIC. Máis polo miúdo, terán formación en carreiras científicas e técnicas, desde Enxeñaría Informática, Telecomunicacións, Industriais, ata Ciencias Matemáticas, Físicas, Económicas e persoas cunha formación de posgrao en escolas de negocio. A empresa tamén informou que integrará estes mozos profesionais nas liñas de negocio que se levan a cabo desde A Coruña e Santiago de Compostela, “para desenvolver solucións de valor en Galicia e exportar o coñecemento que se xera na comunidade a nivel global”. E engade, ampliando a información sobre o cometido das novas fichaxes: “Os novos profesionais desenvolverán as súas carreiras profesionais en ámbitos tan dispares como a saúde, as solucións para dispositivos móbiles, o negocio dixital, a xeración de negocio a través do Big Data, ou as solucións na nube”.
Jesús Lage, socio responsable da oficina de Everis na Coruña, salienta que a aposta da empresa é unha “aposta polo medre en Galicia da compañía”, arestora mergullada en grandes proxectos para algunhas das principais empresas da comunidade e tamén para as Administracións. “A nosa aposta por Galicia”, explica a maiores, “baséase tamén en lanzar iniciativas que afectan a toda a compañía desde aquí, para exportar o noso coñecemento a nivel global”. Entre estas últimas iniciativas de negocio, Lage destaca o ehCOS Innovation Centre Galicia, o Centro de Excelencia en eSaúde, no que se enmarca a achega de Everis a prol da unidade mixta de innovación recente constituída co centro tecnolóxico Gradiant, “pensado para dar soporte desde a nosa comunidade á actividade global de Everis”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?