Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno galego elabora unha guía para definir o significado da responsabilidade social no sector TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno galego elabora unha guía para definir o significado da responsabilidade social no sector TIC

Redacción
Publicado: 16/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amtega_rse.jpgOnte celebrouse a presentación da Guía de Boas Prácticas de RSE do sector TIC galego, á que acudían a directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira. O documento en cuestión pretende responder ao que significa a responsabilidade social empresarial (RSE) para o sector TIC galego, como acadala e que achega a tecnoloxía á RSE. Dicir que nesta xornada tamén se presentou o informe comparativo sobre a RSE no sector TIC de Galicia, Navarra, Tenerife, Val do Minho e Estremadura.
A guía -que xa se sumou ás que xa se teñen publicado no eido do RSE en sectores estratéxicos como o téxtil, o conserveiro, a automoción e a madeira- forma parte do traballo que se vén realizando este ano para impulsar e fomentar a visibilidade e difusión das iniciativas introducidas en materia de RSE por parte das empresas do eido das TIC, un dos obxectivos do protocolo de colaboración para a promoción da RSE nas empresas do sector tecnolóxico asinado entre a Consellería de Traballo e Benestar, a AMTEGA e as asociacións representativas do sector TIC.
A directora xeral de Traballo lembrou que a Consellería de Traballo e Benestar lidera o proxecto Rede Transrexional de Impulso da RSE que aposta pola responsabilidade social empresarial como elemento fundamental para acadar un elevado nivel de competitividade e sustentabilidade por parte das PEME. Nesta iniciativa, co-financiada polo Fondo Social Europeo (FSE), participan como socios as administracións do Goberno de Navarra, do Cabido Insular de Tenerife, Uniminho/Asociación do Vale do Miño Transfronteirizo e do Goberno de Estremadura.
A directora da AMTEGA sinalou que a primeira Guía de Boas Prácticas de RSE do sector TIC galego amosa 26 exemplos reais de empresas que levaron a cabo e consolidaron estratexias ou accións de Responsabilidade Social Empresarial na súa organización. E que tanto esta iniciativa coma o Estudo do grao de introdución da RSE no sector tecnolóxico galego son froito do acordo asinado hai un ano entre a AMTEGA, a Consellería de Traballo e Benestar e as asociacións AGASOL, AGESTIC, EGANET e o Clúster TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?