Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nosa lingua foi trending topic grazas á campaña #EuEnGalego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nosa lingua foi trending topic grazas á campaña #EuEnGalego

Redacción
Publicado: 18/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

chia_pola_lingua.jpgFinalmente a campaña nas redes sociais a prol do galego da que falamos onte resultou ser todo un éxito. Así nolo contan os organizadores da mobilización tuiteira pola nosa lingua, o sindicato estudantil Comités Abertos, que informan que o galego resultou ser trending topic grazas á campaña Chía pola nosa lingua desenvolvida botando man da etiqueta #EuEnGalego. O obxectivo da quedada virtual, informan os Comités, foi pór de relevo a preocupante situación actual da lingua, que como se reflicte nas estatísticas recentes do IGE, “é moi desfavorable”. A iniciativa levouse a cabo entre as 22 e as 23 de onte mércores. En palabras do responsable nacional dos Comités, Brais Fortes “nin a estrea de Hobbit, nin a noite de fútbol, nin o final de Master Chef foron quen de parar a nosa lingua, que se fixo un oco nas tendencias do Twitter a nivel estatal, chegando á terceira posición e manténdoa ata altas horas da madrugada”.
Fortes tamén informou que “con este apoio masivo quedou demostrado que o galego ten apoios e que, se se fixesen boas políticas en prol da nosa lingua, a súa situación sería moi diferente á actual”. Ao fío disto, dende a organización lembran que “só nos queda traballar arreo día a día para facerlle un oco ao galego nas aulas de ensino, pero tamén na panadaría, na perruquería ou na parada do bus”.
Por certo que o estudo do IGE ao que fan referencia os representantes de Comités reflicte a evolución da lingua galega entre 2001 e 2011. “Desgraciadamente”, explicaron nas canles informativas da Universidade de Vigo os responsables do sindicato estudantil, “a análise que se pode facer das cifras non é, para nada, boa; en tan só dez anos a poboación galegofalante pasou de ser o 57% ao 45%, unha redución drástica que de seguir á mesma velocidade podería rematar coa lingua galega en 35 anos”. Ante esta situación Comités vén de poñer en marcha varias campañas, entre as que se enmarca #EuEnGalego, pero que tamén comprende A lingua é de todos e Alerta Galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?