Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imaxin desenvolverá produtos multimedia pedagóxicos coa firma catalá Marinva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Imaxin desenvolverá produtos multimedia pedagóxicos coa firma catalá Marinva

Redacción
Publicado: 18/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Imma Marín (directora de Marinva)  asinando o acordo con Luz Castro, de Imaxin
Imma Marín (directora de Marinva) asinando o acordo con Luz Castro, de Imaxin
A empresa galega Imaxin Software vén de ampliar cun importante acordo a súa carteira de alianzas (unha listaxe na que se inclúe, tamén, o seu acordo coa portuguesa Priberam, de cuxa presentación en sociedade falamos en detalle dende Código Cero). Pois ben, o novo acordo formalizouse cos responsables da firma Marinva en Catalunya, a onde acudiu o pasado martes a socia directora da empresa, Luz Castro. A alianza con Marinva diríxese a establecer unha parcería para o desenvolvemento conxunto de produtos multimedia de calidade pedagóxica, “onde o xogo e a actividade lúdica sexan o eixo central metodolóxico e estratéxico”, informan fontes de Imaxin.
O proxecto tivo o seu xermolo na colaboración previa: Imaxin e Marinva levan xa tres anos colaborando “de forma constante” no ámbito do desenvolvemento informático, xuntando dúas traxectorias profesionais que suman, por separado, máis de quince anos de traballo e experiencia.
A través deste pacto, Imaxin vai pór en xogo a súa bagaxe “como empresa de servizos software que conta cun departamento de multimedia especializado na creación e desenvolvemento de videoxogos educativos, serious games e outros produtos interactivos relacionados co xogo, a formación e a divulgación”. Pola súa banda, Marinva é, en palabras de Imaxin, “unha firma referente na axuda a colectivos diversos a acadar os seus obxectivos específicos mediante o desenvolvemento de estratexias, servizos e produtos de comunicación, formación e participación, baseados en metodoloxías lúdicas e xogos”. Marinva, engádese, “traballa a actividade lúdica como unha eficaz metodoloxía para transmitir e comunicar: valores, contidos, actitudes e competencias”.
Entre as solucións futuras que se levarán a cabo coa visualización de ambas empresas poderemos atopar produtos e servizos de formación, divulgación e mercadotecnia baseados en mecánicas de xogo e gamificación. Ao fío disto, cómpre lembrar que as dúas compañías organizaron este mes de outubro unha moi concorrida xornada no Centro Demostrador TIC baixo o epígrafe Aplicación da gamificación na empresa: motivación e produtividade.
Imaxin e Marinva tamén salientan os artigos científicos que ao redor da gamificación escriben profesionais das dúas empresas. Entre estes artigos atópase Tendencias y estado actual de la gamificación en la producción audiovisual para o libro Contenidos digitales en la era de la sociedad conectada editado por Fragua.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?