Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Arquivo Dixital Único de Galicia será unha realidade en 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Arquivo Dixital Único de Galicia será unha realidade en 2015

Redacción
Publicado: 18/12/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20141218_feijoo_01.jpgO presidente do Goberno galego destacou hoxe que ao longo do vindeiro ano entrará en funcionamento a primeira fase do Arquivo Dixital Único de Galicia, que albergará os fondos do Patrimonio Documental galego e favorecerá unha mellor interconexión administrativa no eido da Eurorrexión. Núñez Feijoo deu conta do acordo adoptado no Consello da Xunta polo que se aproba o marco de referencia do Arquivo Dixital de Galicia que, segundo apuntou, vén ser a estrutura tecnolóxica e organizativa que dará soporte ao modelo de xestión de documento electrónico da Administración pública autonómica.
O Arquivo Dixital de Galicia incluirá dúas áreas diferenciadas: o Arquivo Electrónico Administrativo e o Arquivo Electrónico do Patrimonio Documental. No que se refire ao primeiro deles, asegurou que se trata da pedra angular da administración electrónica, posto que permitirá eliminar o papel na Administración e xestionar e conservar con todas as garantías de seguridade e dispoñibilidade a documentación dixital durante todo o ciclo de vida administrativa.
Sinalou que é clave tamén para a interconexión dos servizos autonómicos cos servizos locais, e que o Centro de Proceso de Datos do Gaiás será o nodo de custodia de toda a información do arquivo Dixital e desde onde se prestará servizo de aloxamento documental ás entidades locais da Comunidade Autónoma.
Por outra banda, o Arquivo Electrónico do Patrimonio Documental de Galicia comezará coa dixitalización de 50.000 documentos dos Arquivos do Reino de Galicia, do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e do Municipal do Concello de Tui.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?