Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O noso sector turístico contará cunha plataforma tecnolóxica única para optimizar procesos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O noso sector turístico contará cunha plataforma tecnolóxica única para optimizar procesos

Redacción
Publicado: 18/12/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

2014_12_18_turismoeticI2.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) e Turismo de Galicia anunciaron este xoves a posta en funcionamento dunha iniciativa conxunta para fortalecer a innovación do sector turístico a través dunha aposta integral polas novas tecnoloxías en todos os elos da súa cadea de actividade. É dicir, dende a xestión dos negocios ata a información e a comunicación cos clientes. A iniciativa chámase Plan Smart Turismo e os seus detalles foron amosados na xornada Os Retos e Oportunidades tecnolóxicas para o sector do turismo, organizada por AMTEGA en colaboración con Turismo de Galicia, o Clúster Turismo de Galicia e o Clúster TIC galego.
Segundo fixo saber Mar Pereira, directora da axencia, en 2015 entrará en funcionamento un dos elementos chave do devandito Plan, que non é outro que unha plataforma tecnolóxica única á disposición de todos os axentes turísticos de Galicia para optimizar os procesos de xestión, de información e de inspección. Mar Pereira sinalou que “ao longo do vindeiro ano a plataforma ofrecerá dúas funcionalidades”. Por unha banda, o rexistro único de todos os recursos turísticos e, pola outra, un sistema de soporte integral á inspección turística, incluíndo a xestión do ciclo completo da inspección, desde a súa planificación, asistencia durante proceso, e tramitación das infraccións e sancións.
O Plan conta cun investimento de 10 millóns de euros ata 2020, para poder desenvolver catro eixos prioritarios: modernizar as infraestruturas tecnolóxicas do turismo de Galicia; aproveitar as tecnoloxías para a promoción, a comercialización e o mantemento dos viaxeiros; fomentar a innovación no sector; e potenciar o camiño de Santiago.
2014_12_18_turismoeticI.jpgA titular de AMTEGA achegou estes datos durante a inauguración da xornada sobre turismo e novas tecnoloxías, na que tamén interviñeron a directora xeral de Turismo, Nava Castro, o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez, e secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo González. O obxectivo da cita é “ofrecer un punto de encontro entre o sector tecnolóxico e o do turismo para analizar conxuntamente retos e oportunidades no momento actual”.
O programa da xornada, que se desenvolverá ata ás 20.00 horas, inclúe varios relatorios acerca das oportunidades e as transformacións que supoñen as TIC para o sector turístico. Durante a mañá abordaranse os cambios no mercado do turismo en virtude da tecnoloxía así a experiencia do cliente (turista) a través das aplicacións móbiles e a economía colaborativa e os novos axentes na cadea de valor do turismo.
Xa pola tarde, abrirase a sesión cunha nova mesa temática acerca do valor da marca dixital. Posteriormente, farase unha presentación das empresas TIC e do Catálogo de provedores e solucións tecnolóxicas galegas para o turismo (TurismoTIC.gal), unha ferramenta online onde as empresas do sector turístico poderán atopar unha mostra representativa de empresas TIC galegas que poden converterse en aliados tecnolóxicos no cumprimento dos seus obxectivos de negocio. A xornada finalizará cun networking no que as empresas poderán aproveitar para facer contactos e buscar oportunidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?