Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os responsables de Stukers e a Universidade de Vigo presenta unha nova edición dos Premios Incuvi Emprende
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os responsables de Stukers e a Universidade de Vigo presenta unha nova edición dos Premios Incuvi Emprende

Redacción
Publicado: 18/12/2014
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Dolores González, vicerreitora de Estudantes, co tres dos integrantes de Stukers, un dos últimos proxectos seleccionados que está a piques de constituirse como empresa
Dolores González, vicerreitora de Estudantes, co tres dos integrantes de Stukers, un dos últimos proxectos seleccionados que está a piques de constituirse como empresa
Como lembraremos, a web Stukers é un servizo práctico e útil posto en marcha por un equipo de desenvolvedores-emprendedores da nosa terra para facilitarnos ata onde sexa posible a procura dunha vivenda compartida. De Stukers, un recurso de especial interese para estudantes ou xente nova que queira independizarse (que pon preto do usuario as persoas da comunidade en liña máis potencialmente idóneas coas que compartir piso), falamos recentemente dando conta do tipo de proxectos que se están a impulsar dende o centro de emprendemento Galicia Open Future de Telefónica. Agora toca volver sobre este servizo innovador, xa vén de exercer de carta de presentación da nova edición dos Premios Incuvi Emprende (convocatoria 2015), un certame ao que se presentou este ano (edición 2014) e que lle axudou a ir converténdose en empresa.
Segundo fan saber os responsables da web de Stukers, que conta xa con 5.000 usuarios e 1.200 pisos distribuídos por algunhas das principais cidades do Estado, os motivos de térense presentado aos Premios Incuvi están estreitamente relacionados con coller aínda máis impulso para a iniciativa de seu. “Estes recoñecementos”, sinalan, “foron para nós un excelente trampolín, tiñamos a idea, pero era simplemente iso, unha idea; agora o noso obxectivo é constituírnos en empresa no primeiro semestre de 2015”.
Os Premios Incuvi Emprende, por certo, presentaron esta semana a súa nova edición, unha convocatoria na que, por primeira vez, se fai un chamamento conxunto ao alumnado dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.
Lembrar que entre os proxectos que xa pasaron por estes galardóns, amais de Stukers, atópase Mueve tu vida, unha iniciativa adicada á saúde, o benestar e o deporte adaptado, que, tras gañar os Incuvi Emprende este mesmo ano ven de recibir tamén o galardón para novos emprendedores de Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE Pontevedra e foi seleccionado para participar no programa de emprendedores Think Big da Fundación Telefónica.
Outro dos exemplos de éxito é Monet, un dos proxectos gañadores na edición de 2013, centrado no desenvolvemento de I+D+i en viñedos, con clientes xa nas cinco denominacións de orixe galegas, que hai apenas un mes recibiu o Premio Novo Emprendedor que concede a asociación AJE Vigo e o accésit á creación de emprego e á innovación nos premios de AJE Pontevedra.
Segundo fai saber a Universidade de Vigo, Incuvi Emprende ofrece formación, un espazo e a posibilidade de facer contactos e acceder a profesionais aos que, doutro xeito, “non se tería acceso”. Dende que se puxo en marcha esta iniciativa, en 2011, deuse acubillo a máis de vinte proxectos nos tres campus. Desta volta, aos seis espazos dispoñibles na Cidade Universitaria de Vigo (CUVI) e aos dous na sede de AJE en Pontevedra, súmanse outros catro na Tecnópole de Ourense e, tamén por primeira vez, as persoas participantes poderán indicar nun formulario a orde de preferencia do campus no que lle gustaría instalarse.
Os interesados en concorrer a esta convocatoria deben presentar as súas solicitudes antes do vindeiro 19 de xaneiro, sempre e cando sexan estudantes da Universidade de Vigo ou ben titulados a partir do curso 2011-2012. As propostas poden ser individuais ou de grupos compostos por un máximo de catro persoas, actuando un deles como coordinador/a. Os futuros empresarios e empresarias potenciais deberán presentar a solicitude en calquera dos rexistros da Universidade, explicando nun documento a idea emprendedora, tarefa a que deben dedicar un máximo de 10 páxinas.
Posteriormente, e tras realizar cadansúa entrevista persoal, elixirase aos finalistas, que deberán ser avaliados por unha comisión na que participarán persoas relacionadas co eido universitario e co empresarial. Entre estes finalistas deberán elixir aos gañadores, valorando especialmente o carácter innovador do proxecto, a empregabilidade, a potencia internacional, o aproveitamento dos recursos dispoñibles, o nivel de implicación do ou dos promotores ou a responsabilidade social do proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?