
O estudo de FUNCAS, liderado por Francisco Blanco, profesor titular da Universidade Rei Xoán Carlos, analizou instalacións e servizos concretos de asesoramento, pasando por formación, apoios na tramitación de axudas; programas de difusión do espírito de empresa; tarifas; posibilidade de networking, entre outros.
Segundo engade a entidade lucense, atendendo ao criterio de “difusión do espírito emprendedor” -que avaliaba presenza en Internet, atención ao público, publicacións propias, organización de seminarios, etc.- a Fundación CEL sitúase en oitavo lugar. A conto destes datos, a entidade empresarial valorou positivamente a investigación xa que “permite unha radiografía do apoio que se ofrece ao emprendedor a través dos centros de iniciativas empresariais en España”, dando luz ao traballo de centros “probablemente pouco coñecidos pero non por iso menos eficaces no labor que realizan”.
Como lembraremos, o centro de aceleración empresarial de Lugo acubilla iniciativas tecnolóxico-dixitais de marcados ingredientes innovadores, como por exemplo a comunidade dixital Nudoss (de cuxa presentación falamos recentemente en Código Cero). Nas súas instalacións teñen collido pulo empresas como Agroamb, Multisports Galicia, Gimena, SCA Informática, Alenti, Agronovo, Transmedia, Innolact, IT Tecno, Pleiteando, Gestibeca Sport, Siente Galicia, Tenis Manager, Mamut Technology, Menus.es e Norbio Sostenible.
Pola súa banda, o CIE A Granxa é un viveiro de empresas promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e situado no Polígono Industrial da Granxa (O Porriño). No seu seo collen forma iniciativas innovadoras como Accecom, Asextra, Asinova, Bluemobility ou Forestcorte, entre outras moitas.
Os viveiros da Fundación CEL e do CIE A Granxa, entre as mellores incubadoras do Estado
Compartir Este Artigo
