Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A liberación do Dividendo Dixital estase a desenvolver en tres fases diferenciadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A liberación do Dividendo Dixital estase a desenvolver en tres fases diferenciadas

Redacción
Publicado: 19/12/2014
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

800x500_dividendo_digital-0.jpgSeguimos adiante falando da liberación do Dividendo Dixital e dos seus detalles. Ou sexa, que seguimos falando dese proceso mediante o cal se produce o apagamento das canles de TDT que emiten na banda dos 800 Mhz co fin de que esta fique ceiba e dar cabida nela ao despregue de servizos avanzados de comunicacións en mobilidade (4G) a partir do 1 de xaneiro de 2015 (con todas as variacións e reaxustes dos prazos que sexan precisos). Trátase, como dixemos os días pasados, duns traballos que se están a desenvolver a nivel europeo e que afectan a todas as poboacións da contorna, incluídas, como é lóxico, as galegas. O proceso desenvólvense en tres fases complementarias aínda que diferenciadas. Para comezar, temos a fase primeira a da resintonización.
Lembrar que o pasado día 26 de outubro de 2014 produciuse unha reordenación de canles que obrigou aos cidadáns que perderon a sintonía dalgunha das canles a resintonizar os seus receptores. Este proceso non afectou ás canles autonómicas (TVG, TVG2 e V Televisión) senón que só ás estatais (nalgunhas zonas puido perderse o acceso á canle Teledeporte malia terse levado a cabo o proceso de busca de cadeas). No gráfico seguinte amósase a distribución resultante de canles nas distintas frecuencias (múltiples) tras a reordenación do pasado 26 de outubro de 2014, e a prevista tras a liberación do Dividendo Dixital, a partir do 1 de xaneiro de 2015.
grafica_tdt.jpgPolo que atinxe á fase segunda, a de antenización, é un proceso en marcha. Obriga á adaptación da instalación de antena colectiva dos edificios de varias vivendas, xa que as actuais frecuencias polas que se reciben as canles de TDT deben ser abandonadas a comezos do ano vindeiro. Aquelas persoas que viven en vivendas unifamiliares ou con instalación de tipo individual non terán que facer ningunha adaptación nesta fase. Este proceso só afecta ás comunidades de propietarios e edificios de tres ou máis fogares que conten con instalación de tipo colectiva. Ao fío disto, lembrar que os administradores das comunidades de propietarios deberán contactar cun instalador rexistrado para contratar as adaptacións de antena.
Para facilitar a adaptación das antenas por parte dos usuarios, os radiodifusores activaron a emisión simultánea das súas canles nas novas frecuencias e máis as actuais, naquelas estacións que dan cobertura a un número significativo de instalacións de tipo colectiva. Ademais, o Goberno estableceu un plan de axudas dotado con 290M€. Para acceder ás axudas será preceptivo achegar factura dun instalador rexistrado. Poden oscilar entre 150€ e 500€ en función do alcance da adaptación.
Polo que se refire á fase tres, trátase da fase do cese das frecuencias a liberar. A data de cese definitivo das frecuencias afectadas polo Divivendo estaba prevista para o 31 de decembro de 2014, aínda que é certo que recentemente achegouse dende o Goberno a posibilidade de establecer novas marxes. Sexa como sexa, a partir do intre do cese, rematarán as emisións simultáneas habilitadas polos radiodifusores. Ademais, a partir do cese das canles, todos os cidadáns deben resintonizar e reorganizar os receptores para deixar a listaxe de canles adaptada á situación consolidada final. Como consecuencia do devandito, as persoas que viven en edificios con instalación de tipo colectiva (tanto con amplificación monocanle como centraliña programable):
a. que adaptaron as súas instalacións de antena con anterioridade á data de cese deberán resintonizar os seus receptores e reordenar a listaxe de canles para a situación consolidada final.
b. que non teñan adaptadas as súas instalacións de antena deixarán de recibir as canles afectadas sen antenizar.

Por outra banda, aquelas familias que viven en edificios con instalación de tipo individual (ou banda larga) deberán resintonizar os receptores e reordenar a listaxe de canles para a situación final.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?