Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Empresarios e profesionais xuntáronse no Pazo de Mariñán para coñecer novos xeitos TIC de optimizar os seus negocios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Empresarios e profesionais xuntáronse no Pazo de Mariñán para coñecer novos xeitos TIC de optimizar os seus negocios

Redacción
Publicado: 19/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

factoria_innovacion_coruna-2.jpgA Factoría de Innovación da Coruña celebrou este mércores no Pazo de Mariñán (Bergondo) a xornada Aprovéitate da tecnoloxía, que veu para quedar, unha cita cos profesionais que serviu entre outras cousas para presentar as potencialidades de Parnet-TIC 2, un proxecto europeo promovido pola Deputación da Coruña en colaboración con outras entidades de España, Francia e Portugal, que emprega as novas tecnoloxías para fomentar a Sociedade da Información en territorios rurais e promover a creación e procura de emprego, especialmente na área ambiental. A iniciativa, díxose, está a xerar xa diversas actuacións, como a posta en marcha de accións formativas ou a creación dunha plataforma web onde se amosan ideas, perfís de oferta e demanda e un catálogo de ferramentas orientadas a aforrar custes ao emprendedor e optimizar os seus resultados. Tamén abrollou dela unha aplicación móbil de seu destinada a incentivar a conectividade.
Ademais disto, durante a xornada (dirixida a amosar perante empresarios e autónomos como poden empregar as TIC para mellorar a súa produtividade e canles de venda), celebráronse tres mesas redondas, de maneira simultánea, nas que se abordaron diferentes ferramentas de utilidade para este colectivo: os ERP e CRM, as páxinas web corporativas, as redes sociais e as app, entre outras. Máis en detalle, explicouse os conceptos de ERP (xestión de negocio) e e CRM (captación e mantemento no tempo de clientes), cal é o seu custo de implantación e que tipo de solucións ofrecen para cada tipo de empresa. Tamén se amosou como empregar a web corporativa e as redes sociais como eixos estratéxicos dun plan de mercadotecnia, incidindo na importancia de que a páxina teña unha arquitectura acaida ao cliente, integre as redes sociais e que os textos sexan claros e directos.
Igualmente, analizáronse as potencialidades das aplicacións móbiles (app), recomendando ás compañías que aposten por unha aplicación móbil no caso de que poida ofrecer contidos exclusivos e alternativos aos que ofrece a súa web, “porque o investimento derivado non compensa o beneficio a non ser que ofreza novidade e valor engadido para os seus usuarios”, fíxose saber na xornada. Nela interviñeron Mariem Filgueira (Factoría de Innovación da Coruña),
Carlos Alfonso (Instituto Tecnolóxico de Galicia), Pablo Rodiz (Enxine), María Regueiro (Asubía) e Óscar Blanco (Partnet-TIC 2).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?