Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Femxa acada o recoñecemento europeo á excelencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Femxa acada o recoñecemento europeo á excelencia

Redacción
Publicado: 22/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

FemxaEFQM.jpgA empresa galega Grupo Femxa vén de facerse co recoñecemento europeo á máxima excelencia, a acreditación EFQM 500+, sendo así un dos 53 embaixadores da Marca España no mundo, grazas á dita distanción. Cómpre subliñar que é a primeira vez que unha empresa do sector da formación acada este galardón que en toda Europa só posúen 100 empresas. O dito recoñecemento outórgase logo de ter superado Femxa, de xeito satisfactorio, un esixente proceso de avaliación no que se comproba a maneira de traballar da compañía, a súa boa praxe, o impacto das súas actividades na sociedade e que, nos seus sectores de actividade, son organizacións recoñecidas e referentes.
O premiado Grupo Femxa é unha multinacional especializada no sector da formación e no ensino TIC, que naceu en Vigo hai algo máis de 15 anos da man de tres emprendedores que estudaron na Universidade da cidade e que contan con 400 empregados en Galicia, amais dos integrantes das súas delegacións por toda España, América Latina e países do Leste europeo.
Ao recibir o premio do Club de Excelencia en Xestión, Patricia García asegurou que se sentía feliz e que “unha vez máis se demostra que o esforzo e as boas prácticas, o concepto ético da empresa, teñen a súa recompensa. Neste senso -asegurou- seguiremos traballando por ser cada día, mellores, non só cos nosos clientes, senón tamén cos nosos traballadores e provedores externos e o impacto que na sociedade xeran as nosas actividades orientadas á formación e a empregabilidade”.
Asemade, Patricia García aproveitou o acto para comentar algo do que sente “especialmente orgullosa”, pois o 80% do persoal da súa empresa son mulleres, pero ademais, máis da metade dos postos directivos de Grupo Femxa tamén están en mans de mulleres: “Para nós é fundamental que os traballadores poidan conciliar vida persoal e laboral, por iso pactamos unha xornada flexible que posibilita saír ás 17 horas, a tempo de recoller aos nenos do colexio ou realizar outras actividades que nos enriquezan como persoas. Comprobamos que un traballador contento coa súa vida e desenvolvido como persoa, está máis motivado e é, por tanto, moito máis produtivo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?