Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC traballa en achegar solucións para os grandes retos actuais da información (Big Data)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC traballa en achegar solucións para os grandes retos actuais da información (Big Data)

Redacción
Publicado: 23/12/2014
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

citic_coruna.jpgDicía Larry Page, co-fundador do xigante Google, que organizar a información do mundo non é algo que poidan facer cen persoas. Afrontando a problemática real que supón o almacenamento, análise e acceso á cantidade de datos que se xeran cada día, o empresario non anda escaso de razón. Cada dous días, xéranse no mundo 5 hexabytes de información, cantidade equivalente á información dixital xerada ate o ano 2003. Aínda que historicamente existían técnicas para manexar grandes volumes de datos, atopámonos con que na actualidade non son aplicables. A análise de datos Big Data no só presenta un problema de volume, senón tamén de xestión da velocidade á que se producen e a variedade de fontes, formatos, etc., que achegan. Dende a Área Tecnolóxica de Intelixencia Artificial do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) traballan sobre tres aproximacións.
En primeiro lugar, a selección de características, na que se intenta detectar aquelas variables relevantes para resolver un problema concreto. A continuación, a aprendizaxe computacional, que engloba o aprendizaxe en tempo real –sistemas capaces de “tragar” todos os datos a grande velocidade, ao tempo que os clasifica- e a aprendizaxe distribuída –que ten sentido cando a información provén de estar almacenada fisicamente en sitios distintos-. Por último, traballa sobre a detección de anomalías, de utilidade cando os datos que se queren detectar en relación a un problema son aqueles que se atopan en menor cantidade.
As aplicacións que atopa o traballo nestas vertentes son variadas. Por un lado, aplícase na análise do comportamento de usuarios en contornas dixitais. Un sistema permite ofrecer recomendacións a usuarios a partir da análise e filtrado de Big Data, e que atopa unha aplicación doada no sector da prensa. Amparo Alonso, unha das investigadoras principais da Área de Intelixencia Artificial, explica que “deste xeito, extráense patróns de comportamento, ademais de coñecer o perfil dos usuarios”. Seguindo este ronsel, atópanse as recomendacións e correccións automáticas de probas nos MOOCS. Neste caso, o sistema emprega métodos de ránking, aprendizaxe de preferencias e palabras clave. Foi desenvolvido canda outros grupos de investigación da Universidade de Oviedo e a Universidade de Sevilla onde, unidos á Universidade da Coruña, implantáronse os pilotos. Bertha Guijarro, vicecoordinadora do CITIC, engade que “se trata dun sistema automático de corrección de grande relevancia para a potenciación do ensino en liña -eido no que países como Estados Unidos xa están a despuntar- xa que permitirá que os cursos se distingan non só polo contido senón polos métodos”.
citic_editor.jpgO labor do CITIC na análise e manexo de datos non remata aquí. A Área de Sistemas de Información creou recentemente unha ferramenta que permite aos usuarios, xa sexan particulares ou empresas, dar forma e manter o seu propio catálogo de contidos dixitais.
E-ditor é o resultado dun acordo de colaboración con Enxenio, spin-off da Universidade da Coruña. O proxecto xurdiu a raíz dunha necesidade detectada de contar con ferramentas de creación de contidos dixitais que permitiran, ao mesmo tempo, a súa venda/distribución e visualización. O obxectivo perseguido era, ademais, desenvolver unha ferramenta web soportada con tecnoloxía de bases de datos que facilitara a creación e mantemento de contido interactivo formado por texto, imaxes, audio ou animacións, actividades de autoavaliación, etc.
“Queríamos unha ferramenta o máis sinxela posible, que guiara aos usuarios dunha maneira simple, de tal maneira que non fora necesario nin un curso introdutorio de manexo da ferramenta”, conta Eduardo Rodríguez, un dos investigadores principais do proxecto. Dito e feito. A plataforma estrutura o contido de tal maneira que é facilmente editable e permite ser organizado en capítulos, temas, unidades, etc. Á hora de introducir o contido, E-ditor posibilita texto, audio, imaxes, arquivos en flash, etc., así como exercicios interactivos. Por último, permite que a información sexa exportada a distintos formatos, o máis común ePUB, pero tamén HTML, CSS ou SCORM. Todo baixo o uso de patróns que permiten personalizar a estética do contido.
Actualmente, E-ditor conta xa con arredor de 600 usuarios rexistrados, repartidos entre particulares e empresas do mundo editorial. Agárdase que nos vindeiros anos esta cifra continúe aumentando.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?