Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Catro empresas galegas unen forzas para crear unha plataforma de análise masivo de uso das telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Catro empresas galegas unen forzas para crear unha plataforma de análise masivo de uso das telecomunicacións

Redacción
Publicado: 20/01/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Arturo Dopico, CEO da operadora galega R
Arturo Dopico, CEO da operadora galega R
As empresas galegas Optare Solutions, R, Coremain e Quobis están a xuntar recursos para abrir novos camiños na oferta actual de servizos de telecomunicacións. Máis en detalle, a alianza (que conta co apoio do Ministerio de Economía e Compestitividade a través do CDTI) diríxese a desenvolver e pór en marcha unha plataforma de análise avanzada de datos que sexa quen de mellorar os servizos de telecomunicacións dos que dispoñemos, “adaptándose cada vez mellor ás preferencias dos usuarios”, informan. A iniciativa conxunta, de nome Big Data Analytics for Telecom (BDA4T), conta como dixemos coa aprobación do CDTI, que vai subvencionar parte do traballo ata marzo de 2015.
Segundo informan as empresas devanditas, BDA4T será unha plataforma de gran capacidade para procesar e estudar a información que se transmite no uso dos servizos de telecomunicacións. “Desta maneira”, sinalan, “os operadores poderán responder máis axustadamente aos requirimentos e necesidades de uso que latexan no mercado”.
O obxectivo final, engaden, “é lles achegar un mellor servizo aos usuarios e que os provedores se adapten aos perfís de uso real e á súa evolución no tempo dados os rápidos cambios que se producen en breve espazo de tempo”. Amais disto, tamén se procura extraer destas innovacións e destes traballos “unha relación óptima entre provedores de servizos e usuarios”. Polo tanto, será posible axustar as informacións aos usuarios e dirixirlles realmente o que queren escoitar e saber, nin máis nin menos. “E non só na liña de comunicación provedor-usuario senón tamén entre os usuarios mesmos”, engaden as empresas.
A maiores, a plataforma BDA4T permitirá definir modelos de análise e procedementos concretos para aproveitar a información que os clientes lles queiran facer chegar aos provedores de telecomunicacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?