Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense abre unha completa web para conmemorar o Ano da Luz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ourense abre unha completa web para conmemorar o Ano da Luz

Redacción
Publicado: 20/01/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_ano_da_luz.jpgDende o Campus de Ourense veñen de pór en marcha unha nova web, ail2015.laserphotonics.org, co obxectivo de conmemorar e dar conta das actividades galegas do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías Baseadas na Luz (IYL2015), que se celebra a nivel mundial e que ten no dito Campus o epicentro do comité galego, coordinado polo catedrático de Óptica da Universidade de Vigo Humberto Michinel. O obxectivo da páxina, amais de acubillar concursos e informar de todo o que se vaia facendo dende a nosa terra para festexar a dita celebración, é salientar a importancia da luz e “o seu papel fundamental na vida cotiá e no desenvolvemento da sociedade e das novas tecnoloxías, revolucionando eidos como a medicina ou a fabricación de produtos”.
Segundo se informa dende o Campus a un nivel máis detalle, na páxina iranse “publicando todas as actividades que se vaian levando a cabo baixo o paraugas común do Ano Internacional da Luz en Galicia”, converténdose “nun espazo en continua construción no que se poderán atopar, ademais do calendario de eventos, información sobre esta conmemoración, novas ou mesmo unha completa relación das entidades colaboradoras”.
Entre as actividades máis salientables atopamos tres concursos convocados ao abeiro da seguinte temática común: a luz como elemento de conexión. Estes certames están abertos a toda a poboación e son Que é a luz para ti? (que pretende animar á sociedade a expresar en galego o que lle inspira a luz en dúas categorías, microrrelatos e poesía), As mil e unha luces (que se dirixe a pór de manifesto a relación entre luz e imaxe a través da súa manifestación gráfica en diferentes soportes) e Coas mans na luz (que acubillará experimentos caseiros ou divulgativos, individuais ou en grupo, que deben ser recollidos en vídeo para despois ser valorados). As bases e prazos atópanse na propia web do Ano Internacional da Luz de Galicia.
Os premios variarán en función da categoría de idade: 300 euros para os maiores de 18 anos, un telescopio astronómico newtoniano para os de entre 13 e 18 e un telescopio para os menores de 13 anos. Todos serán agasallados ademais cun diploma acreditativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?