Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Docentes do Ciencias da Educación de Pontevedra lánzanse a formar aos alumnos en TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Docentes do Ciencias da Educación de Pontevedra lánzanse a formar aos alumnos en TIC

Redacción
Publicado: 21/01/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_plataforma_virtual_cesga.jpgA Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) vai promover o uso das redes sociais no eido do ensino a través dun proxecto de innovación educativa posto en marcha por un grupo de sete profesoras e profesores do dito centro. O obxectivo: cambiar a día de hoxe unha metodoloxía e unha estrutura de ensino que non abrangue un achegamento efectivo á Internet e ás redes sociais, “malia ser estes elementos case que omnipresentes na vida do alumnado”. O proxecto materializarase no desenvolvemento dunha contorna virtual de aprendizaxe na Rede, que dará acubillo a unha rede social. A iniciativa contará coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia, o CESGA.
O proxecto diríxese a favorecer que os estudantes “estean utilizando en todo intre as TIC para realizar as aprendizaxes propias da materia a través das actividades propostas, xa que isto é algo que eles poderán usar no futuro como docentes”, resalta da directora deste proxecto, María Álvarez Lires. Xunto a esta profesora, os docentes Antonia Blanco, Uxío Pérez, Azucena Arias, Xabier Álvarez Lires, Francisco Serrallé e María Mercedes Varela participan nunha iniciativa impulsada desde o grupo de investigación DE05 Ciencia, Filosofía, Xénero e Educación e que abrangue sete materias dos graos en Educación Infantil e Educación Primaria, cursadas por preto de 500 alumnos.
Respecto da metodoloxía a empregar, trátase, segundo apunta Álvarez Lires, de artellar nas materias implicadas no proxecto un “método de aprendizaxe semipresencial” no que o alumnado, organizado en grupos de catro persoas, sume aos coñecementos recibidos na aula a posibilidade de construír as súas propias aprendizaxes mediante o traballo en grupo a través de Internet. O docente salienta neste punto as vantaxes de contaren cunha rede social propia, aberta só ao alumnado e aos docentes que participen. Con ela búscase que os estudantes sexan quen de organizarse, colaborar e comunicarse. “A idea é crear unha rede social supramaterias, de tal xeito que os alumnos, mesmo de diferentes niveis académicos, compartan un know how”, engade Francisco Serrallé.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?