Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia supera por primeira vez a media estatal en uso de ordenador e Internet entre os 16 e os 44 anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia supera por primeira vez a media estatal en uso de ordenador e Internet entre os 16 e os 44 anos

Redacción
Publicado: 21/01/2015
11 Min de Lectura
Compartir
11 Min de Lectura

SIE14-1.jpgA décimo quinta edición do informe La Sociedad de la Información en España, correspondente a 2014 e presentado hoxe por Telefónica nun acto que contou coa presenza do Ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, ao que acompañaron o presidente de Telefónica, César Alierta, e o vicepresidente executivo de Fundación Telefónica, Emilio Gilolmo.
Entre as conclusións do informe editado pola Fundación Telefónica podemos destacar que Galicia supera por primeira vez a media estatal en uso de ordenador e Internet no grupo de idade dos 26 a 44 anos e o 100% dos mozos de 16 a 24 anos navega pola Rede; máis do 72% dos fogares galegos dispón de ordenador e case un 70% de banda ancha; no ranking autonómico, as microempresas galegas sitúanse na primeira posición en dispoñibilidade de páxina web e na cuarta en participación en redes sociais, e practicamente a metade das empresas con 10 ou máis empregados conta con velocidades de conexión entre os 2 Mbps e 10 Mbps, superando así a media estatal (44,3%); o 12,4% destas compañías teñen contratada velocidades entre os 30 Mbps e 100 Mbps, igualando o valor medio estatal; e que Galicia despunta igualmente no emprego da Administración electrónica, situándose como a primeira comunidade en canto á interacción da cidadanía coas administracións públicas (72,6%).

Contidos
  • Conectividade
  • Correo instantáneo e redes sociais
  • Dispositivos
  • Uso da Internet: como e para que

Conectividade

Algúns indicadores da cidadanía na Sociedade da Información
Algúns indicadores da cidadanía na Sociedade da Información
Segundo o informe de 2014, as tendencias “futuras” que se presentaban en informes anteriores consolidáronse e intensificaron, producindo avances moi significativos na vida dixital dos cidadáns. Así, xa son 26,25 millóns de españois os que acceden regularmente a Internet, 1,45 millóns máis que en 2013.
Deles, 20,6 millóns conéctanse diariamente, é dicir, o 78% do total viven conectados. E por primeira vez, o 50% das persoas maiores, entre 55 e 64 anos, son usuarios intensivos que acceden diariamente a internet sendo a franxa de idade que máis creceu o pasado ano (8,6 puntos porcentuais).
A Banda Larga Móbil (BAM) continúa sendo a tecnoloxía clave no avance da Sociedade da Información. O acceso a Internet faise cada vez máis móbil, os terminais móbiles continúan gañando cota de mercado respecto ao dispositivo fixo e os servizos son cada vez máis utilizados en mobilidade. En 2014, 21,44 millóns de españois accederon a internet en mobilidade, 4 millóns máis que en 2013.
Por primeira vez, no segundo trimestre de 2014, a facturación da BAM superou a da Banda Ancha Fixa, reflectindo o auxe do acceso a internet en mobilidade.
En termos porcentuais, a fibra óptica é a tecnoloxía de acceso que máis creceu. Entre agosto de 2013 e agosto de 2014, o número de accesos FTTH aumentaron un 127% ata alcanzar os 1,1 millóns e xa representan máis do 10% da cota de mercado.

Correo instantáneo e redes sociais

O servizo estrela segue sendo o correo instantáneo. O seu uso creceu un 206% nos últimos dous anos ata alcanzar o 78% da poboación con teléfono móbil. Xa practicamente iguala á chamada ao móbil (utilizada polo 82%) como medio de comunicación con familiares e amigos. O correo instantáneo, a mensaxe a unha rede social e a comunicación en persoa son as tres canles preferidas para a comunicación con persoas do ámbito.
O uso das redes sociais aumentou tres puntos ata o 67,1%. A franxa de idade na que máis aumenta a porcentaxe de internautas que acceden ás redes sociais é a comprendida entre 45 e 54 anos, que pasou do 43,5 en 2013 ao 52,3% en 2014. Os que máis acceden ás redes sociais (91,3%) son os internautas entre os 16 e 24 anos, aínda que por primeira vez a porcentaxe caeu 3,3 puntos en relación a 2013.

Dispositivos

A aposta polo acceso en mobilidade fixo de España o líder europeo de penetración do smartphone. Nada menos que 4 de cada 5 teléfonos móbiles en España son intelixentes. En só dous anos, pasaron de representar o 63 ao 81% dos teléfonos móbiles en España. Iso non debe ensombrecer o importante crecemento do 68% da venda de tabletas en 2014.
E é que os españois fan un uso exhaustivo tanto das tabletas coma dos smartphone, como o proba o alto número de descargas de aplicacións para ambos os dous dispositivos. En España existen 23 millóns de usuarios activos de aplicacións móbiles que realiza 3,8 millóns de descargas diarias de aplicacións. De media, cada usuario de smartphone ten instaladas 39 aplicacións, por 33 dos usuarios de tabletas.
O dispositivo utilizado marca unha tendencia cara a que o uso do ordenador está máis vinculado a razóns profesionais, o smartphone úsase para a comunicación e a tableta para unha finalidade máis xeral.

Uso da Internet: como e para que

Un total de 14,9 millóns de persoas realizaron algunha compra a través de internet en 2014, dos cales 1,9 millóns o fixeron por primeira vez o pasado ano. Unha de cada tres visitas a tendas online prodúcese con dispositivos en mobilidade. O comercio electrónico sobe un 29,2% con respecto a un ano antes, mentres as vendas online españolas no exterior aumentan un 44,6%.
A ubicuidade e xeolocalización do terminal móbil está a producir unha converxencia coas redes sociais e o 74% dos compradores online confían nas redes sociais á hora de realizar compras.
A dixitalización da vida do cidadán continúa imparable. O maior crecemento estase a producir no acceso á rede por motivos de ocio, sobre todo entre os maiores de 45 anos, se ben tanto as razóns profesionais coma a comunicación con familiares e/ou amigos completan as razóns do uso dixital.
O gran crecemento do ocio explícase polo consumo de vídeo e polo feito de que os usuarios utilizan o smartphone e a tableta para acceder a contidos dende calquera lugar. Tan é así, que España se situou no liderado europeo no acceso a internet multiplataforma, cun 66%, por enriba mesmo de Estados Unidos.
O consumo de vídeo é un dos grandes catalizadores do acceso a internet e consolidouse a tendencia da demanda de servizos de vídeo multidispositivo acorde coa maior liberdade demandada polo usuario. Así, entre os máis novos (entre 14 e 19 anos), o medio máis utilizado para acceder a contido multimedia é xa o vídeo baixo demanda gratis cunha utilización por enriba do 90%, mentres que tan só o 73% usa a televisión en aberto e máis dun de cada catro accede á televisión en diferido.
Un dos aspectos máis valorados polos usuarios é a posibilidade de elixir o momento que se accede aos contidos. Tanto para os usuarios de pagamento como en aberto, a modalidade máis utilizada para acceder en diferido é a función de descargas/streaming de internet, cunha cota do 73 e 75% respectivamente. As películas e as series son os contidos máis comúns.
As amplas posibilidades de consumo de ocio no fogar disparáronse pola renovación dos televisores nos fogares españois, onde o 70,2% xa dispoñen de aparatos de alta definición e o 28,7% de Smart TV que implica a posibilidade de conexión a internet. De feito, España converteuse nun dos países con maior grao de penetración da Smart TV, por enriba de Alemaña (20%), Reino Unido (17%) e EEUU(16%), tras aumentar un 34% o pasado ano.
En educación regulada, España situouse á cabeza de Europa na introdución das TIC na aula como mostra os mellores ratios de número de estudantes de primaria por ordenador portátil conectado (5 en España fronte a 20 como media europea) e número de lousas dixitais por alumno de primaria (43 fronte a 111). Así mesmo, España é líder europeo na oferta de cursos online masivos e abertos (MOOC).
As Administracións tamén foron protagonistas da dixitalización da vida do cidadán, co que interactuar dunha forma máis rápida e eficaz. Así, o número de notificacións electrónicas enviadas a cidadáns e empresas pasou de 10,1 millóns en 2013 a 50 millóns en maio do pasado ano. De tal maneira que o 76,5% dos trámites realizados pola Administración Xeral do Estado foron por vía electrónica que calculou uns aforros para cidadáns e empresas en 2012 e 2103 de 31.000 millóns de euros.
Os trámites administrativos xa só son un dos motivos da comunicación entre cidadáns e Administración onde as redes sociais adquiriron un gran protagonismo. En 2014, o 49% dos cidadáns entre 16 e 74 anos interactuar coas autoridades públicas a través da Rede anticipando o obxectivo do 50% fixado para 2015 na Axenda Dixital Europea.


Vídeo promocional do informe publicado pola Fundación Telefónica

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?