Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pangea e Telefónica queren celebrar en Madrid a maior exhibición de talento novo da historia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pangea e Telefónica queren celebrar en Madrid a maior exhibición de talento novo da historia

Redacción
Publicado: 21/01/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pangea-2.jpgTelefónica Open Future (a mesma iniciativa da operadora na que se insire Galicia Open Future) vai impulsar os días vindeiros, en Madrid, un encontro entre novos talentos das novas tecnoloxías da información procedentes dunha chea de países: un total de 65. Na xuntanza, chamada The 2015 Starting Point e organizada por Pangea, participarán uns douscentos mozas e mozos seleccionados de entre 1.400 candidatos de todo o mundo. Celebrarase entre o 28 e o 30 de xaneiro e será, en palabras de Telefónica, “a meirande exhibición de talento endexamais celebrada”.
Telefónica, a través do seu proxecto global de innovación aberta Telefónica Open Future, será o patrocinador principal deste encontro, que organiza a iniciativa Pangea, a primeira rede de menores de 25 anos con talento conectados a nivel global. Ademais do seu apoio como patrocinador, Telefónica Open Future fará posible que tanto os relatores como os asistentes poidan compartir en tempo real a través de Twitter as súas experiencias no congreso. Isto canalizarase e materializarase a través de UpClose, start-up fundada por Ramón Sastrón e Iván Smith e investida despois do seu paso por Wayra polo fondo Amérigo e o fondo americano BeataWorks.
“A conferencia”, sinala Telefónica, “busca ser un punto de encontro global para o talento e a motivación e amosar que a mocidade é un valor a ter en conta”. Contará, entre outros persoeiros do emprendemento xuvenil, coa presenza de Alyssa Carson, primeira persoa na historia que pisará Marte en 2033, cando teña 31 anos (agora ten só 14), Jordan Casey, mozo irlandés que con 14 anos é o CEO máis novo de Europa con tres empresas xa constituídas; ou Tomás Álvarez Belón, un do tres irmáns españois que sobreviviron, xunto cos seus pais, ao tsunami que azoutou en 2004 o sueste asiático.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?