Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As imaxes achegadas pola NASA á Rede, ao detalle este venres na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As imaxes achegadas pola NASA á Rede, ao detalle este venres na Coruña

Redacción
Publicado: 22/01/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

APODGalego.jpgEste venres 23 de xaneiro o MUNCYT da Coruña acolle unha charla do físico e divulgador científico Dosi Veiga, baixo o epígrafe APD NASA 2014, Un ano de astronomía en galego. A cita, que comezas ás 19.30 e vén da man da Agrupación Astronómica Ío, representa a introdución na nosa terra dunha práctica que se leva a cabo dende hai anos en Estados Unidos e que consiste en avaliar, cada aninovo, os acontecementos máis importantes en materia de astronomía rexistrados os doce meses previos. Acontecementos que se expoñen a través das imaxes achegadas ao sitio web Astronomy Picture Of the Day (APOD) da NASA
Trátase dunha páxina posta en marcha dende 1995 dende a que se pendura cada día unha fotografía de temática astronómica comentada. O resultado, ao remate dun ano, é unha completa e variada escolma de imaxes e rexistros que, segundo nos lembran dende a Agrupación Ío, fornece un “percorrido fascinante polos últimos achados e novas deste eido da ciencia”. Este percorrido soe vir da man de Jerry Bonnel, que é un dos responsables do devandito sitio web da NASA e que con cada remate das festas de Nadal avalía os recursos xerados durante o ano previo nunha charla en Nova York.
Pois ben, en adaptar esta práctica de aninovo á nosa terra e ao noso contexto é no que consiste, en liñas xerais, a charla deste venres. O relatorio virá importado por Dosi Veiga, tradutor ao galego da devandita web e membro das xuntas directivas da Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica e da Federación de Asociacións Astronómicas de España. A actividade, dirixida ao público xeral e de entrada libre, forma parte do programa do Ano Internacional da Luz 2015, que a UNESCO declarou aberto nun acto celebrado en París este mesmo luns.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?